Adolf Windaus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Adolf Otto Reinhold Windaus (25 de decembro de 1876 – 9 de xuño de 1959) foi un químico alemán, descubridor da vitamina D e a histamina. Gañou o Premio Nobel de Química en 1928.
Estudou no Liceo Francés (Französisches Gymnasium) de Berlín, no que se interesou principalmente pola literatura. Iniciou estudos de Medicina en 1895. Impresionáronno tanto as conferencias do premio Nobel de química Emil Fisher que comezou a estudar química en Freibourg ao tempo que continúa coa Medicina. Doutorouse en 1900 cunha tese dedicada ao veneno que se extrae da digitalis.
Voltou a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a Otto Diels 8futuro premio Nobel en 1950), con quen mantivo unha longa amizada. En 1901 retornou a Freibourg e comezou a traballar sobre o colesterol e os esterois. A partir doe 1906 impartiu docencia na universidade de Innsbruck e logo en GÓttingen entre 1915 e 1944. En 1919 logrou transformar o colesterol en ácido colánico (que fora isolado dos ácidos biliares por Heinrich Otto Wieland). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descobriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta vitaminA actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do imizadol, o que o levou a demostrar que a histidina (un aminoácido) é un derivado do imidazol, e a descobrir a histamina.