Aminoácido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En química orgánica, un aminoácido é calquera molécula que contén simultáneamente grupos funcionais amino e ácido carboxílico. En bioquímica, este termo úsase como termo curto e xeral para referir os aminoácidos alfa: aqueles nos que as funcións amino e carboxilato están ligadas ao mesmo carbono.
Índice |
[editar] Aminoácidos alfa
[editar] Formula xeral
Son aqueles que presentan fórmula xeral: R - CH (NH2)- COOH onde R é un radical orgánico. No aminoácido glicina o radical é o elemento H
O carbono ligado ao radical R denomínase carbono carbono 2 ou alfa.
[editar] Clasificación
Dependendo do radical R os aminoácidos poden ser clasificados en:
Aminoácidos apolares: Apresentan radicais de hidrocarbonetos apolares ou hidrocarbonetos modificados, excepto a glicina. Son radicais hidrófobos.
- Glicina: H- CH (NH2) - COOH
- Alanina: CH3- CH (NH2) - COOH
- Leucina: CH3-CH2-CH2-CH (NH2)- COOH
- Valina: CH3-CH(CH3)-CH (NH2)- COOH
- Isoleucina: CH3-CH2-CH (CH3)-CH (NH2)- COOH
- Prolina:-CH2-CH2-CH2- ligando o grupo amino ao carbono alfa
- Fenilalanina: C6H5-CH2-CH (NH2)- COOH
- Triptofano: R aromático- CH (NH2)- COOH
- Metionina: CH3-S-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH
Aminoácidos polares neutros: Presentan radicais que tenden a formar pontes de hidróxeno.
- Serina: OH-CH2- CH (NH2)- COOH
- Treonina: OH-CH (CH3)- CH (NH2)- COOH
- Cisteina: SH-CH2- CH (NH2)- COOH
- Tirosina: OH-C6H4-CH2- CH (NH2)- COOH
- Asparaxina: NH2-CO-CH2- CH (NH2)- COOH
- Glutamina: NH2-CO-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH
Aminoácidos ácidos: Apresentan radicais con grupo carboxílico. Son hidrófilos.
- Ácido aspártico: HCOO-CH2- CH (NH2)- COOH
- Ácido glutámico: HCOO-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH
Aminoácidos básicos:' Presentan radicais co grupo amino. Son hidrófilos
- Arxinina: HN=C(NH2)-NH-CH2-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH
- Lisina: NH2-CH2-CH2-CH2-CH2- CH (NH2)- COOH
- Histidina: H-(C3H2M2)-CH2- CH (NH2)- COOH
[editar] Simboloxía e nomenclatura
Na nomenclatura dos aminoácidos, a numeración dos carbonos da cadea principal é iniciada a partir do carbono da carboxila.
- Glicina ou glicocola ( Gly, Gli ou G ): Ácido 2-aminoacético ou Ácido 2-amino-etanoico
- Alanina ( Ala ou A ):Ácido 2-aminopropiónico ou Ácido 2-amino-propanoico
- Leucina ( Leu ou L ): Ácido 2-aminoisocaproico ou Ácido 2-amino-4-metil-pentanoico
- Valina ( Val ou V ): Ácido 2-aminovalérico ou Ácido 2-amino-3-metil-butanoico
- Isoleucina ( Ile ou I ): Ácido 2-amino-3-metil-m-valérico ou ácido 2-amino-3-metil-pentanoico
- Prolina ( Pro ou P ): Ácido pirrolidino-2-carboxílíco
- Fenilalanina: Ácido 2-amino-3-fenil-propiónico ou Ácido 2-amino-3-fenil-propanoico
- Serina ( Ser ou S ): Ácido 2-amino-3-hidroxi-propiónico ou Ácido 2-amino-3-hidroxi-propanoico
- Treonina ( Thr, The ou T ): Ácido 2-amino-3-hidroxi-m-butírico
- Cisteina ( Cys, Cis ou C ): Ácido 2-bis-(2-amino-propiónico)-3-disulfeto ou Ácido 3-tiol-2-amino-propanoico
- Tirosina ( Tyr, Tir ou Y ): Ácido 2-amino-3-(p-hidrxifenil)propiónico ou paraidroxifenilalanina
- Asparaxina ( Asn ou M ): Ácido 2-aminosuccionámico
- Glutamina ( Gln ou Q ): Ácido 2-aminoglutarámico
- Ácido aspártico ( Asp ou D ): Ácido 2-aminosuccínico ou Ácido 2-amino-butanodioico
- Ácido glutámico ( Glu ou E ): Ácido 2-aminoglutárico
- Arxinina ( Arg ou R ): Ácido 2-amino-4-guanidina-m-valérico
- Lisina ( Lys, Lis ou K ): Ácido 2,6-diaminocaproico ou Ácido 2, 6-diaminoexanoico
- Histidina ( His ou H ): Ácido 2-amino-3-imidazolpropiónico
- Triptofano ( Trp, Tri ou W ): Ácido 2-amino-3-indolpropiónico
- Metionina ( Met ou M ): Ácido 2-amino-3-metiltio-m-butírico
Observación: A numeración dos carbonos da cadea principal pode ser substituída por letras gregas a partir do carbono 2 ( α )
Exemplo: Ácido 2-amino-3-metil-pentanoico = Ácido α-amino-β-pentanoico.
[editar] Ocorrencia
Os aminoácidos alfa ( preto de vinte ) son constituintes de todas as proteínas e peptídeos, polo tanto, de toda a materia viva.
Todos os aminoácidos constituintes das proteínas son alfa aminoácidos. As proteínas son alfa-polímeros formados por alfa-aminoácidos. Algúns autores relatan que para formar unha proteina é necesario unha cadea con máis de 70 aminoácidos. Unha cadea formada por dous alfa aminoácidos é un dipeptídeo, ata 70 alfa-aminoácido un polipeptídeo.
[editar] Síntese
Os aminoácidos alfa son sintetizados polos animais e vexetais.
Aminoácidos non-esenciais ou dispensables son aqueles que, a partir do alimento inxerido, o organismo dun animal consegue sintetizar.
Aminoácidos esenciais ou indispensables son aqueles que o organismo dun animal non consegue sintetizar (mais poden ser sintetizados por outro animal ou por un vexetal). Os aminoácidos esenciais deben facer parte da dieta alimentar deste animal, para evitar a desnutrición.
Os principais aminoácidos que o organismo humano non consegue sintetizar son: treonina, leucina, metionina, valina, fenilalanina, isoleucina, triptofano e lisina.
Os aminoácidos esenciais para un animal poden ser dispensables para un outro.
[editar] Obtención
Hidrólise de proteínas
As proteínas son moléculas formadas por ata millares de aminoácidos unidos por ligacións peptídicas (que ocorre entre a carboxila dun aminoácido e o grupo amino doutro). Esas ligacións poden ser quebradas por hidrólise producindo unha mistura complexa de aminoácidos.
Síntese
Síntese de Hoffmann, síntese de Strecker e síntese de Gabriel son métodos sintéticos para a obtención de alfa-aminoácidos.
[editar] Propriedades
Orgnolépticas: Incolores. A maioría de sabor dóce.
Físicas: Sólidos con solubilidade variable en auga. Presentan actividade óptica por presentaren carbono asimétrico, en xeral, na forma levóxira. A glicina é solúbel en auga e non presenta actividade óptica
Químicas: O grupo carboxílico (-COOH) na molécula confire ao aminoácido unha caraterística ácida e o grupo amino (-NH2) unha característica básica. Por iso, os aminoácidos presentan un caráter anfótero, ou sexa, reaxe tanto con ácidos como con bases formando sales orgánicos.
Os aminoácidos reaxe co ácido nitroso producindo nitróxeno e un hidroxi-acido. A aplicación desta reación é a determinación da dosaxe de aminoácidos,no sangue, medíndose o volume de nitróxeno producido (método de Slyke).
Na putrefación dos organismos, certas encimas reducen os aminoácidos en aminas como a putrecina e a cadaverina.
[editar] Outros Aminoácidos
Aminoácidos beta
Ácido β-aminopropiónico ( β-alanina ): aminoácido natural componente do ácido pantoténico ( vitamina do grupo B ).
Aminoácidos ómega
Ácido ω-aminocaproico: aminoácido sintético usado na fabricación de fibras sintéticas e de plásticos.
"Aminoácidos" nocivos
Son moléculas estruturalmente semellantes a alguns dos aminoácidos esenciais e non-esenciais máis enriba citados, producidos por plantas da familia Fabaceae. Eses aminoácidos son absorbidos no acto da inxestión de follas destas plantas, e son asimilados polo corpo, entrando na constitución de proteínas. As proteínas con estes aminoácidos teñen a súa función comprometida, o que pode causar serios danos ao organismo.