Adria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Adria é unha comuna da provincia de Rovigo, Véneto, Italia situada ás beiras do río Tártaro. Deu nome ao Mar Adriático. Conta con 20.691 habitantes (2003). A lingua tradicional da comuna é o véneto, na súa variedade central.
Segundo a tradición local, a cidade foi fundada por Atri, o rei dos pelasgos. Entre os séculos X e VI a.C. o territorio estaba habitado por paleo-vénetos, que deixaron numerosos restos arqueolóxicos. No século VI a.C. os gregos asentáronse no territorio e no século IV a.C. Adria convertiuse nunha colonia de Siracusa, no século III a.C. foi ocupada polos galos. No século II a.C. Adria convertiuse nunha colonia romana. No século V d.C. Adria estaba gobernada por un bispo, aínda que dende o XIII contou cunha organización comunal. A comezos do século XVI integrouse en Venecia