Mar Adriático
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mar Adriático é unha parte do mar Mediterráneo, un golfo moi alongado pechado ao norte. Baña ao norte e ao oeste a Italia e a leste a penÃnsula balcanica.
Os estados bañados polo mar Adriático son Italia, a Eslovenia, a Croacia, a Bosnia-Hercegóvina, Montenegro, a Albania e maila Grecia.
O mar Adriático posue diversos portos importantes, destacandose Venecia (Mestre) e Trieste, que foi por moito tempo a saÃda marÃtima do imperio austro-húngaro para o mar Mediterráneo.
Superficie : 160,000 km²
Profundidade máxima: 1460 m
Profundidade media: 240 m
[editar] Nome e etimoloxÃa
Para os romanos era o Mare Superum; en latÃn medieval era Mare Hadriaticum ou Mare Adriaticum. O nome provén da colonia etrusca de Adria (ou Hadria) e designaba orixinariamente só a parte norte do mar (como se ve en Heródoto e EurÃpides) mais foise extendendo gradualmente segundo adquirÃan importancia as colonias de Siracusa.
Mesmo se o Adriático, no seu sentido máis estrito, só se extendÃa até o Monte Gargano, a porción exterior chamábase Mar Xónico. O nome, porén, designaba ás veces con pouca precisión o Golfo de Tarento, o Mar de Sicilia, o Golfo de Corinto e mesmo o mar entre Creta e Malta.