Afonso I de Portugal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Afonso I ou Afonso Henriques (1139-1185) foi o primeiro rei de Portugal.
Era fillo de Henrique de Borgoña, conde de Portugal, ao que sucedeu en 1112. A partir de 1128, propúxose ampliar o seu Estado a expensas do reino de León, e aliado co rei de Navarra, invadiu Galicia (1137), chegando a ocupar Tui. Esta campaña rematou cun tratado de paz no que Afonso VII recoñecía a súa autoridade en troques de vasalaxe; logo da batalla de Ourique, os seus soldados proclámano rei o 26 de xullo de 1139.
Antes de ser recoñecido como rei de Portugal, no 1143, D. Afonso I tivo que loitar coa súa nai e co seu curmán, D. Afonso VII, de León e Castela.
Dedicouse con grande empeño ó engrandecemento do territorio, conquistando terras ós mouros, que ocupaban parte da Península Ibérica, tamén por conquista, dende máis de catrocentos anos. Esta actividade mereceulle o alcume do Conquistador. Ocupou Lisboa (auxiliado polos cruzados), Santarém, Sintra, Almada, Palmela, Alcácer do Sal, Évora e Bexa.
Tal como os seus sucesores, aproveitou os servizos das ordes monástico-militares, para combater os sarracenos e para desenvolver a riqueza do país, que se baseaba na agricultura. As mais famosas foron a Orde do Templo (despois de Cristo), con sé en Tomar, a Orde de Santiago, con sé en Palmela, a Orde de Calatrava, con sé en Avis, e a Orde do Hospital (ou de Malta), con sé no Crato.
Protexeu a fundación de diversos mosteiros, a maior parte deles na rexión entre os rios Miño e Mondego, en particular benedictinos e do ramo cisterciense; o seu pai dera preferencia á rama cluniacense. No seu tempo construíuse o importante Mosteiro de Alcobaça, un dos mais célebres monumentos relixiosos de Portugal a súa igrexa é a maior do país).
Casou cunha princesa italiana, Dna. Mafalda de Saboia e Piemonte.
[editar] Boa relación con xudeus
O reinado de Afonso Henriques ficou marcado pola tolerancia cos xudeus. Estes estabam organizados nun sistema propio, representados politicamente polo gran-rabino nomeado polo rei. O gran-rabino Yahia Ben Yahia foi mesmo escollido para ministro das Finanzas de Afonso Henriques, responsábel pola recolecta de impostos no reino. Con esta escolla tivo inicio unha tradición de escoller xudeus para a area financeira e de manter un bo entendemento coas comunidades xudaicas, que foi seguida polos seus sucesores.
[editar] Descendencia
- Pola sua muller, Mafalda de Saboia (1125-1157), que desposou c. 1146:
- D. Henrique (1147-?)
- D. Mafalda de Portugal (1149-1160), tivo o seu casamento programado co rei de Afonso II de Aragón, o que non se efectuou pola morte da infanta
- D. Urraca (1151-1188), casou co rei Fernando II de León
- Sancho I de Portugal (1154-1212)
- D. Teresa (1157-1218), despois do casamento chamada Matilde ou Mafalda, casou con Filipe I, Conde da Flandres e despois con Eudes III, Duque da Borgoña
- D. Xoán de Portugal (1160-?)
- D. Sancha de Portugal (1160-?)
- Filla de Elvira Gálter:
- D. Urraca Afonso, señora de Aveiro (c. 1130-?)
- Outros fillos naturais: