Malta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: Malta (homónimos)
|
|||
Lema: Non ten | |||
Linguas oficiais | Maltés e Inglés | ||
Capital | Valletta | ||
Maior cidade | Birkirkara | ||
Presidente | Guido de Marco | ||
Primeiro-ministro | Lawrence Gonzi | ||
Área - Total - % auga |
184º maior 316 km² |
||
Poboación - Total (2002) - Densidade |
165º máis poboado 394,583 1249 h/km²; |
||
Independencia - Data |
do Reino Unido 21 Set. de 1964 |
||
Moeda | lira | ||
Fuso horario | UTC +1 | ||
Hino nacional | L-Innu Malti | ||
TLD (Internet) | .MT | ||
Código telefónico | 356 |
Malta é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras, situadas ao sur da illa italiana da Sicilia, no Mediterráneo. As terras máis próximas son todas italianas: a Sicilia, ao norte, as Illas Pelaxias ao oeste e a illa de Pantelleria ao noroeste. Capital: Valetta.
Índice |
[editar] Historia
Ten 7000 anos de historia, con restos megalíticos que datan do 4000 a.C. No 1530 os Cabaleiros de San Xoán establecéronse en Malta. Consideraban a illa como a porta da cristiandade de occidente e adornáronna profusamente con templos e fortalezas. Os ingleses permaneceron alí máis dun século e medio. Alcanzou a independencia no 1964 e desde 1974 é una república, pertencendo dende o 2004 á Unión Europea
[editar] Política
O Estado de Malta é unha república cun presidente honorífico, recaindo o governo no gabinete ministerial encabezado polo primeiro ministro. O Presidente da Republica nomea ao Primeiro Ministro á cabeza do partido que gañe as eleizóns por un periodo de cinco anos. Os membros do governo son nomeados polo Presidente da República a proposta do Primeiro Ministro de entre os membros do órgao lexislativo.
A República de Malta ten un poder lexislativo unicameral (Kamra tar-Rappreżentanti/House of Representatives) segundo a constitución de 1974. A Cámara de Representantes ten entre 65 e 69 membros eleitos cada 5 anos baixo un sistema de representación proporcional. Esta cámara escolle o Presidente da República para un periodo de 5 anos.
[editar] Subdivisións
Dende 1993, Malta foi dividida en 68 municipios ou localidades. Estas van dende as máis sinxelas formas ata o governo local. Non hai niveles intermedios entre o governo local e o governo nacional. A seguinte lista amosa os municipios das dúas principais illas:
Illa de Malta | Illa de Gozo | |
|
|
|
[editar] Xeografía
O arquipélago Maltés sitúase no centro do Mediterráneo, a uns 90 km das costas do sur de Sicilia. Compoñenno as illas de Malta, Gozo e Comino, sendo a maior de todas a illa de Malta.
A súa extensión é de 316 km² e ten unha poboación de 382.525 habitantes (ano 2000) dos cais 352.835 residían na illa de Malta, o que dá unha alta densidade de poboación (1210 habitantes/km2) para un país tan pequeno.
Malta non ten grandes montañas nen ríos, a illa é unha serie de campos e terrazas en pequenas colinas. Os acantilados, bahías, calas son propias das illas, sobre todo de Malta. Asimesmo, existen grande cantidade de praias de area fina, sobre todo na illa de Gozo.
A principal cidade pola súa poboación e a súa importancia cultural e política é a capital do Estado, A Valetta (100700 hab. na aglomeración urbana), séguelle Rabat (13000 hab).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Unión Europea | |
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia | |
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
Bulgaria | Romanía | |
Países candidatos: | |
Croacia | Macedonia | Turquía |
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |