Afonso de Albuquerque
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
D. Afonso de Albuquerque (1462?, Alhandra — 16 de decembro de 1515, ao largo de Goa), segundo fillo de Gonçalo de Albuquerque foi un militar e político portugués e unha das principais figuras da expansión portuguesa no Oriente e da afirmación de Portugal como grande potencia asiática en canto Gobernador da India .
[editar] Biografía
Foi educado na corte de D. Afonso V. En 1476 acompañou o futuro rei D. Xoán II nas guerras con Castela, estivo nas prazas-fortes de Arzila e Larache (Marrocos) en 1489, e en 1490 fai parte da garda de D. Xoán II, tendo voltado novamente a Arzila en 1495.
En 1503 foi enviado à India con seu primo Francisco de Albuquerque, comandando cada quen tres naos, tendo participado en varias batallas, erguido a fortaleza de Cochín e establecido relazóns comerciais con Coulão.
De regreso ao reino de Portugal, foi ben acollido por D. Manuel que en 1506 o tornou a enviar ao Oriente en compañía de Tristán da Cunha e nomeandoo gobernador da India na sucesión do vicerrei D. Francisco de Almeida. Neste posto, conquistou varios portos em Omán acabando por chegar à riquísima cidade de Ormuz, que se tornou tributaria de Portugal. En 1510 toma Goa ao turco Hidalcão e en 1511 toma Malaca, abrindo aos portugueses o acceso ás especiarias das Molucas e ao comércio con a China. En febreiro de 1513 Albuquerque parte para o estreito de Bab-el-Mandeb, tentando tomar Áden sen êxito. Con a construción da fortaleza de Ormuz em 1515 concluíu o seu plano de dominio dos puntos estratéxicos que permitian o control marítimo e o monopolio comercial da India.
En 1514 está na Índia dedicándose à administracción e diplomacia, a concluir a paz con Calecute, a recibir embaixadas de reis indianos e a consolidar e embelecer Goa, onde, por medio do casamento de portugueses con mulleres indíxenas procura crear unha raza luso-indiana. O seu prestixio chegara a auxe creando as bases do Imperio Portugués no Oriente.
[editar] Ver tamén
- India Portuguesa
- Alhandra