Goa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Goa é unha cidade e estado da India, situado na súa costa occidental. É un dos máis pequenos estados en territorio e poboación, e máis rico en PIB por persoa da India.
Goa a partir de 1510, foi a capital do Estado Portugués da India, sendo tomada pola Unión Indiana en 1961.
Índice |
[editar] Historia
A primeira referencia a Goa data de cerca de 2200 a.C., en escrita cuneiforme da Sumeria, onde se chama Gubío. Formada por pobos de diferentes etnias da India, a influencia dos sumerios aparece no primeiro sistema de medidas da rexión.
Por volta de 1775 a.C. os fenicios estabelecéronse en Goa.
No período védico tardío (1000-500 a.C.) chámase, en sánscrito, Gomantak, que significa "terra semellante ao paraíso, fértil e con augas boas". O Mahabharata conta que os primeiros arianos que chegaron a Goa eran fuxitivos da extinción, pola seca, do río Saraswati, noventa e seis familias que chegaron por volta de 1000 a.C. A eles se uniron os Kundbis vidos do sur, para, durante 250 anos, rescatar solo do mar, aumentando o espazo fértil entre este e as montañas.
Arredor do 200 a.C. Goa tornouse a fronteira sur do imperio de Ashoka: os dravidianos foron empurrados para o sur polos arios, como refire a Xeografía de Estrabón.
Por volta de 530-550, Goa cítase como un dos mellores portos do Indostán, chamándose Sindabur (Chandrapur) ou Buvah-Sindabur polos árabes e turcos.
Despois do imperio Maurya (321-185 a.C.) Goa foi disputada por varios imperios en batallas sanguentas.
Por volta do século X Goa, entón concentrada en torno do río Zuari, prosperou polo comercio cos árabes.
En 1347 caeu baixo dominio islámico, e moitos templos a deuses hindús foron destruídos.
En 1510 Afonso de Albuquerque, axudado por un xefe hindú, tomou Goa aos árabes, que se renderon sen combate, por acharse o sultán en guerra co Decán. Goa foi cobizada por ser o mellor porto comercial da rexión. Botáronse aos musulmáns da rexión, e en 1453 un quinto da rexión estaba baixo dominio portugués, recibindo o nome de Vellas Conquistas.
A decadencia do porto de Goa no século XVII foi consecuencia das derrotas militares dos portugueses para os holandeses, no oriente, que tornaron o Brasil o centro económico de Portugal. Houbo dous curtos períodos de dominación británica (1797-8 e 1802-13) e poucas outras ameazas externas despois deste período.
Durante o dominio británico na India, moitos habitantes de Goa emigraron para Mumbai, Calcuta, Puna, Karachi e outras cidades. O illamento de Goa diminuíu coas vías férreas a partir de 1881, mais a emigración en busca de mellores oportunidades económicas aumentou.
En 1900 Goa tivo o seu primeiro xornal bilingüe guxaratí-portugués.
Os ingleses deixaron a India en 1947, os franceses deixaron Pondicherri en 1954, mais o goberno de Salazar se recusou a negociar coa India. En 1961 o exército indiano invadiu Goa, atopando pouca resistencia.
[editar] Cronoloxía
- 1510 Ocupación portuguesa de Goa
- 1535 Diu adquirido por Portugal
- 1588 Damán adquirido por Portugal
- 1779 Dadrá e Nagar Haveli adquirido por Portugal
- 1802 - 1813 Ocupación británica
- 1946 Provincia ultramarina de Portugal baixo o nome de Estado da India Portuguesa
- 1954 Dadra e Nagar Haveli ocupado por nacionalistas da India
- 1961 Goa, Damán e Diu ocupado pola India
- 1974 Incorporación recoñecida por Portugal
Damán e Diu desde o inicio, e moito máis tarde tamén Nagar-Aveli, ficaron ligados a Goa, baixo o nome de Estado da India Portuguesa, ligados non só pola Administración, con centro en Goa, mais tamén por outros sentimentos, porén separados por cerca de 700 e 1500 km. Logo despois da integración na India aínda estiveron ligados a Goa, porén, cando esta se tornou un Estado dentro da República da India, Damán e Diu pasaron a administrarse directamente polo Goberno Central da India, baixo o nome de Territorio da Unión de Damán e Diu (Union Territory Of Daman & Diu). Dadrá e Nagar-Aveli, integrados algúns anos antes na India (1954), forman un territorio á parte.
[editar] Ver tamén
- Damán
- Diu
[editar] Fontes
- SuperGoa en portugués e inglés
- Goa en inglés
- Goanet mailing list en inglés
- GoaCom en inglés
- [1] 'en inglés