Agnosia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A agnosia é a perda da facultade para recoñer obxectos, persoas, sons, olores ou formas a pesar de manter a función sensorial intacta. Preséntase sociado normalmente con danos cerebrais ou doenzas neurolóxicas, particularmente por lesións no lóbulo temporal. Diferénciase da anomia en que a perosa que padece a primeira pode describir o obxecto aínda que non poida dicir o seu nome mentres na agnosia non pode describir o obxecto.