Agrarismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O agrarismo ou o movemento agrarista é o termo co que se denomina a organización en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas da Galiza a comezos do século XX. Por exemplo en 1907 apareceu Solidaridad Gallega, unha asociación que pretendía eliminar o caciquismo, para que os labregos puidesen votar sen presión ningunha.
En 1912 fúndase Acción Gallega, liderada por Basilio Álvarez, o abade da freguesía ourensá de Beiro. Acción Gallega pretendía eliminar tanto o caciquismo como os contratos forais, que deixaban os campesiños con moi poucos beneficios (nos mellores casos). En 1916 esta organización veuse implicada en desorde pública e foise desmembrando.
Tanto Antonio Noriega Varela como Ramón Cabanillas foron escritores comprometidos co mevemento agrarista. O agrarismo constituíu o primeiro movemento de masas da idade contemporánea, e durante a República diversificáronse ideoloxicamente.