Aichi D3A
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aichi D3A | |
---|---|
D3A durante a recreación dunha batalla na actualidade | |
Tipo | Bombardeiro |
Fabricante | Aichi Kokuki KK |
Primeiro vóo | xaneiro de 1938 |
O Aichi D3A foi un bombardeiro en picado embarcado xaponés da Segunda Guerra Mundial. Era o máis importante bombardeiro en picado xaponés ao principio da guerra. Estaba inspirado en deseños alemáns como os Heinkel He 66, He 70 e He 74 e foi o primeiro bombardeiro en picado xaponés monoplano de á baixa e construción totalmente metálica. Voou por primeira vez en xaneiro de 1938 e entrou en servizo a finais de 1940. Ao final da guerra foron usados como kamikaces. Os aliados alcumárono "Val".