Alberte Araúxo Vilar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alberte Araúxo Vilar (Pontevedra, 1961). Médico psiquiatra.
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e especialista en psiquiatría polo Hospital Clínic Universitari de Barcelona. Profesor na Universitat Autònoma de Barcelona e na USC. Autor de numerosos traballos de investigación no campo da clínica e terapéutica psiquiátrica, así como de libros e capítulos sobre a súa especialidade médica. Actualmente é psiquiatra no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa de estudante militou no sindicato estudantil nacionalista ERGA e nos Comités Abertos de Faculdade (CAF). Afiliado a diferentes organizacións sindicais e políticas nacionalistas galegas (INTG, BN-PG, UMG), é actualmente militante da Confederación Intersindical Galega (CIG) -onde promoveu a creación da Agrupación Médica de CIG-Saúde-, Unión do Povo Galego (UPG) e Bloque Nacionalista Galego (BNG). É membro da Comisión Nacional de Sanidade do BNG, onde é responsábel de saúde mental.