ERGA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) foi unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, activa entre 1972 e 1988.
Fundouse a iniciativa da UPG en decembro de 1972, encargouselle a Manuel Mera, que acababa de chegar da Arxentina e alí tivera experiencia na organización universitaria do grupo maoísta Vanguardia Comunista, artellar unha organización que agrupase aos universitarios e estudantes de secundaria. En Santiago de Compostela, coa axuda de simpatizantes da UPG, logra captar a un feixe de universitarios procedentes de todo o país e consigue a incorporación dalgúns militantes do Movemento Comunista da Coruña, entre eles Elvira Souto. Aos poucos meses chega aos 40 militantes, entre eles Anselmo López Carreira, Alfredo Suárez Canal e Chus Pato. En 1976 celebrou a súa primeira asemblea e en 1977 a segunda. En xaneiro de 1978 organizouse o I Congreso ao que asistiron 1000 delegados e elíxese unha dirección da que formaban parte Xulio Ríos ou Xosé Miranda. Cando se formou o BNG en 1982, ERGA integrouse nel.
ERGA editou o boletín Lume