Alejandrino Fernández Barreiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alejandrino Fernández Barreiro foi un político galego.
Militante de Alianza Popular, foi conselleiro de Educación e Cultura no primeiro goberno da Xunta, o de Xosé Quiroga Suárez. Deputado no Parlamento de Galicia (1986-1989) e conselleiro de Cultura e Benestar (1986-1989) con Xerardo Fernández Albor, durante o seu mandato púxose en marcha o Centro de Coordinación Bibliotecaria de Galicia. Na actualidade é catedrático de dereito romano na Universidade da Coruña