American Beauty
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
American Beauty é unha película dramática de 1999 que trata sobre o amor, a liberdade ou a independencia persoal, a familia e o soño americano.
A pelicula gañou cinco Premios Oscar, inluido o Oscar o mellor filme, e está catalogada como unha das películas máis exquisitas gañadoras dun Oscar, en toda a sua historia.
Índice |
[editar] Temas
- As apariencias. Este filme explora temas como a importancia imposta pola sociedade occidental moderna á apariencia e o éxito económico, e fala de como isto deforma as relacións interpersonais e como se xera a necesidade de escapar.
- As relacións de familia. A película trata sobre a familia composta por Lester (Kevin Spacey,o protagonista), a súa muller Carolyn e a súa filla adolescente Jane, que se relacionan con outras persoaxes, incluidos os seus veciños, a familia Fitts.
Se a familia de Lester, Carolyn e Jane é un desastre, esto é debido a que non hai comunicación entre eles. Ámbolos dous pais están moi ocupados cos seus problemas persoais como para prestarlle a atención que Jane desexaría. Neste caso, por exemplo, Lester, aínda que no fondo sí se preocupa pola súa filla, non ten a iniciativa de poñerse a falar con ela.
Por outro lado, a familia Fitts está sometida ó despotismo do pai, Frank Fitts, antiguo coronel da Marina, que a goberna con man de ferro. O Coronel Fitts é un maltratador que ten completamente anulada á súa esposa, e incluso propina ó seu fillo Ricky palizas brutais, chegando a ter que ser hospitalizado.
[editar] Reparto
- Kevin Spacey como Lester Burnham
- Annette Bening como Carolyn Burnham
- Thora Birch como Jane Burnham
- Mena Suvari como Ángela Hayes
- Wes Bentley como Ricky Fitts
- Chris Cooper como Coronel Frank Fitts
- Allison Janney como Bárbara Fitts
- Peter Gallagher como Buddy Kane
[editar] Personaxes principais
- Lester Burnham. Cuarentón que vive unha existencia gris e desexa cambiar de vida. Aínda que non o expresa, quere moito á súa filla Jane e incluso á súa muller, a pesar de estar pasando por unha crise matrimonial con ela.
- Carolyn Burnham. Esposa de Lester. É unha muller moi ambiciosa, cargada de manías, que vive máis centrada nas apariencias e nas esixencias do seu traballo que na propia felicidade da súa familia.
- Jane Burnham. Filla de Lester e Carolyn. É unha adolescente insegura, acomplexada polo seu físico e ten a sensación de que seus pais non a entenden. Por esto mesmo, apóiase no seu mozo, Ricky Fitts, xa que a súa amiga Angela é moi diferente a ela.
- Ricky Fitts. Veciño dos Burnham, acaba de mudarse coa súa familia á casa do lado. Personaxe moi importante, xa que cambia radicalmente a vida dos Burnham. Pasa o seu tempo libre gravando en vídeo escenas da vida cotiá, e en particular, ós seus veciños (especialmente a Jane). Así é como coñece a Jane e declárase o seu admirador, facéndolle ver que ela non ten nada que envexarlle a ninguén. Tamén coñece a Lester, con quen entabla unha amizade a través da venta de marihuana.
- Coronel Frank Fitts. É o pai de Ricky Fitts, antigo coronel da marina americana e ten a súa familia sometida aos seus abusos sen consideración. Lévase bastante mal con Lester Burnham porque pensa que mantén unha relación sexual co seu fillo, debido que o seu fillo vai moitas veces á súa casa. De feito, o Coronel, ao final da película nun momento de desesperación, dalle un bico a Lester para comprobar se éste é homosexual.
- Ángela Hayes.É a mellor amiga de Jane e é a fantasía sexual do pai desta. É moi superficial e hipócrita, debido a que lle mentía nas súas relacións á súa amiga, e é un personaxe moi importante debido a que cambia a vida do protagonista.
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode conter detalles da trama.
A película trata da vida de Lester Burnham, de 42 anos, un executivo de publicidade de Chicago e pai de familia. Ó principio, escóitase a Lester describindo o seu entorno e a súa familia, que é un desastre. A súa esposa Carolyn é unha ambiciosa vendedora inmobiliaria á que só lle importa o éxito profesional. A súa filla Jane, de 16 anos, é unha típica adolescente apática e con complexos que se queixa do seu pai porque non lle presta sufiente atención e porque, según ela, “non é normal”. Lester dinos : "Janie é unha típica adolescente: enfadada, insegura e confusa. Gustaríame dicirlle que todo esto pasará, pero non quero mentirlle". Jane e Lester levan tempo sen falarse. Lester autodescríbese como un perdedor, aburrido, alguén fácil de esquecer. Pero a súa vida vai sufrir un cambio radical...