Premios Oscar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Cinematografía
Denominación dos premios anuais que dende 1929 outorga a Academia de Cine dos Estados Unidos, concedido a principios de cada ano. O nome púxollo unha secretaria do certame (Margaret Herrick), quen exclamou ante unha imaxe da estatuíña "¡Parécese ó meu tío Óscar!". Son aspirantes todas as fitas exhibidas en Los Ángeles antes do 31 de xullo do ano anterior. Os premios de cada categoría son votados polos membros da Academia correspondentes a ese mesmo oficio.
[editar] Principais premiados
Os filmes máis galardoados foron Ben-Hur, Titanic e O Señor dos Aneis con cadansúas 11 premios. Outras con máis de oitos foron:
Título do filme | Título orixinal | Ano | Nominacións | Premios |
Ben-Hur | Ben-Hur | 1959 | 12 | 11 |
Titanic | Titanic | 1997 | 14 | 11 |
O Señor dos Aneis: O retorno do rei |
The Lord of the Rings: the Return of the King |
2003 | 11 | 11 |
West Side Story | West Side Story | 1961 | 11 | 10 |
Gigí | Gigi | 1958 | 9 | 9 |
O derradeiro emperador | The Last Emperor | 1987 | 9 | 9 |
O paciente inglés | The English Patient | 1996 | 12 | 9 |
Foise co vento | Gone with the wind | 1939 | 13 | 8 |
De aquí á eternidade | From Here to Eternity | 1953 | 13 | 8 |
No peirao (A lei do silencio) | On the Waterfront | 1954 | 12 | 8 |
A miña querida señorita | My Fair Lady | 1964 | 12 | 8 |
Cabaret | Cabaret | 1972 | 10 | 8 |
Gandhi | Gandhi | 1982 | 11 | 8 |
Amadeus | Amadeus | 1984 | 11 | 8 |
[editar] Premiados españois
O premio foi outorgado en 12 ocasións a filmes e técnicos españois:
ANO | GAÑADOR | CATEGORÍA |
1970 | Juan de la Cierva | Óscar técnico |
1971 | Gil Parrondo | Dirección artística ("Patton") |
1971 | Antonio Mateos | Dirección artística ("Patton") |
1972 | Gil Parrondo | Dirección artística (Nicholas and Alexandra) |
1972 | Antonio Castillo | Vestiario (Nicholas and Alexandra) |
1973 | Luis Buñuel | Mellor película de fala non inglesa ("Le charme discret de la bourgeoisie") |
1979 | Néstor Almendros | Dirección de fotografía ("Days of Heaven") |
1983 | José Luis Garci | Mellor película de fala non inglesa ("Volver a empezar") |
1994 | Fernando Trueba | Mellor película de fala non inglesa ("Belle epoque") |
2000 | Pedro Almodóvar | Mellor película de fala non inglesa ("Todo sobre mi madre") |
2003 | Pedro Almodóvar | Guión orixinal ( "Hable con ella") |
2005 | Alejandro Amenábar | Mellor película de fala non inglesa ("Mar adentro") |
2007 | David Martí e Montse Ribé | Maquillaxe ( "El laberinto del fauno") |
2007 | Pilar Revuelta | Dirección artística ( "El laberinto del fauno") |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina da Academia (en inglés)
- Páxina dos premios (en inglés)