Ancona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ancona é un concello de 100.412 habitantes da provincia de Ancona, Italia, situada no Mar Adriático.
[editar] Historia
A cidade antiga fundáronna refuxiados de Siracusa por volta do -390, que lle deron o nome de Αγκων, os romanos ocupáronna como estación naval na Guerra iliria de -178, durante a época imperial o seu porto tivo moita importancia ao ser o máis próximo a Dalmacia, Traxano encargou a Apolodoro de Damasco amplialo.
Despois da caída do Imperio Romano, os godos, longobardos e musulmáns atacaron Ancona. En tempos do exarcado de Ravenna foi unha das cidades da Pentápole, con Fano, Pésaro, Senigallia e Rímini, converténdose nunha república semiindependente baixo a protección dos papas, ata que Gonzaga a conquistou no nome do Papa Clemente VII (1532)
[editar] Arquitectura
- Arco de Traxano, século II
- Catedral de San Ciriaco, séculos XII e XIII