André Leroi-Gourhan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
André Leroi-Gourhan (nado o 25 de agosto 1911 en Paris - falecido o 19 de febreiro de 1986 en Paris) foi un etnólogo, arqueólogo e historiador francés, especialista na prehistoria. É tamén un pescudador da tecnoloxía e da cultura, que soubo unir precisión científica e conceptualidade filosófica.
Índice |
[editar] Biografía
Aínda neno devecía polos corredores do Museo nacional de historia natural e lía Les Hommes fossiles (Os homes fósiles) de Marcellin Boule que lle regalara a súa madriña. Alumno de Marcel Granet, logo de Marcel Mauss, que dirixe a súa tese de doutorado en letras dedicado a A Arqueoloxía do Pacífico Norte; ademais estuda ruso e chinés. Desde 1933 traballa nos departamentos de etnoloxía de diferentes museos, como o British Museum e o Musée de l'Homme. Deseguido é nomeado chargé de mission, durante dous anos, no Xapón, para o Musée de l'Homme e máis os Museos nacionais. De regreso na Franza,é nomeado conservador adxunto do Museo Guimet entre 1940 e 1944. Neste mesmo ano (non esquecer que son os anos da II Guerra Mundial), é enviado ao château de Valençay para velar por algunhas obras evacuadas do Louvre, tais a Vénus de Milo e a Victoria de Samotracia. Colabora nas actividades da Resistencia, o que lle valerá en 1945 ser recompensado con a medalla da resistencia, a cruz de Guerra e máis a cruz da Lexión de Honor. En 1946, convertese en subdirector do Musée de l'Homme.
Comeza unha segunda tese doutoral, en ciencias, dedicada a Trazas de equilibrios mecánicos en cránio de Vertebrados terrestres (1954). En 1956, sucede a Marcel Griaule na Sorbona, na cátedra de Etnoloxía xeral e Prehistoria, logo será profesor no Colexio da Franza desde 1969 a 1982 e membro do Instituto da Franza. En 1973, recibe a medalla de ouro do CNRS (Centro nacional de investigación científica).
[editar] Leroi-Gourhan e a arte prehistórica
André Leroi-Gourhan propuxo unha visión radicalmente nova sobre a interpretación da arte rupestre, baseada sobre unha volta aos mesmos documentos, a análise das relacións de proximidade das obras e da súa posición a respeito da topografía das cavidades. Procedeu a un tratamento estatístico das representacións e chegou a unha leitura simbólica das figuras, interpretadas como símbolos masculinos ou femininos.
[editar] Leroi-Gourhan e os métodos de excavación arqueolóxica
No transcurso das excavacións que dirixiu na gruta dos Furtins en 1945, nas cavernas de Arcy-sur-Cure entre 1946 e 1963, mais por riba de todo no xacemento magdaleniense de Pincevent a partir de 1964, André Leroi-Gourhan contribuiu a renovar os métodos de excavación arqueolóxica. O xacemento, excepcionalmente conservado de Pincevent permitiulle desenrolar unha análise espacial dos hábitats prehistóricos, mercé á excavación por capas.
[editar] Citas
- « A partir do intre no que o home non pode falar, parque está ausente ou morto, onde os arquivos non existen, dúas testemuñas subsisten: a arte e as técnicas. » (L'Homme et la matière, Introduction)
- « Non se fai mellor Prehistoria amoreando machados polidos, como non se fai Botánica apañando leitugas no horto. »
[editar] Principais publicacións
- L'Homme et la matière, Paris, Albin Michel, 1943
- Milieu et techniques, Paris, Albin Michel, 1945
- Le geste et la parole, Paris, Albin Michel, 1964-65
- Les religions de la Préhistoire, Paris, PUF, 1964
- Préhistoire de l'art occidental, Paris, Mazenod, 1965
- Dictionnaire de la Préhistoire, Paris, Presses Universitaires de France
[editar] Fontes
- Brigitte et Gilles Delluc, « Hommage à André Leroi-Gourhan », Archéologia, n° 212, 1986.
- Marc Groenen, Pour une histoire de la préhistoire, Éd. J. Millon , 1994, ISBN 2-905614-93-5
- Michel Lorblanchet, Les grottes ornées de la Préhistoire, Errance, 1995, ISBN 2-87772-112-4
Template:Prehistoria