Prehistoria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. A fronteira entre Prehistoria e Historia pona a escrita, xa que só a través dos testemuños escritos podemos coñecer con certeza feitos e crenzas das persoas e pobos que viviron denantes que nós.
As primeiras etapas da prehistoria están claramente enraizadas na paleontoloxía, co estudo dos primeiros homínidos, a sua relación cos nosos parentes os primates antropoides e todos os nosos antepasados comúns. A Arqueoloxia convértese deste xeito no único medio cara a reconstruir os sucesos da Prehistoria, a través do estudo dos restos materiais dos pobos do pasado, as suas zonas de vivenza, os útiles de traballo, os monumentos e a súa arte.
A prehistoria pode ser dividida en tres grandes períodos da evolución humana:
- O Paleolítico, que se iniciou hai uns 2,5 millóns de anos. Os seres humanos deste tempo utilizaban ferramentas de pedra tallada, ósos e paus. Levaban unha vida nómade, rente dos ríos para se asegurar auga. Escomeza o uso do lume. As suas crenzas relixiosas son de tipo máxico, con presenza de certas ceremonias funerarias.
- O descubremento da Agricultura inicia o Neolítico, sen datas fixas, xa que este descubrimento non se está a producir nas mesmas datas ao longo do Planeta (actualmente aínda hai certos pobos que están a vivir no Paleolitico ao longo do mundo). Ponse como data hai uns 5000 anos. O ser humano convértese en sedentario. Desenvolvese a gandaría e as ferramentas son de pedra puída e ósos, e comezan a desenvolverse os tecidos e a cerámica.
- O derradeiro período da Prehistoria coñécese como a Idade dos Metais, na cal comezan a xurdir as civilizacións e iniciase o período que coñecemos por Historia. A Idade dos Metais pode subdividirse en:
- A Idade de Cobre.
- A Idade do Bronce.
- A Idade do Ferro, o metal descoberto máis forte.