Andrés Montes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andrés Montes (Madrid, 1956) é un coñecido locutor deportivo español.
Dende 1993 narrou, xunto a Antoni Daimiel, as retransmisións da NBA en España para Canal +. En abril de 2006 anunciou a sú fichaxe por La Sexta, que lle encargaría os comentarios do mundial de Alemaña de 2006, apoiado polo ex-futbolista Julio Salinas e Antoni Esteva. Tamén retransmitiu o Campionato mundial de baloncesto de 2006 en Xapón con Juan Manuel López Iturriaga e Juan Domingo de la Cruz. Tamén está ao cargo de retransmitir-la Liga. É coñecido polo seu estilo desenfado e único, recurrindo a un argot específico de inventiva propia.
[editar] Expresións
- A capela Price: Referenza ó xogador Brent Price polas súas habilidades musicais.
- Abre los ojos: Dícese dos xogadores cos ollos moi abertos, tales como Kenny Thomas ou Brevin Knight.
- Abuelo Victor: Define ós adestradores máis veteranos da NBA, tales como Lenny Wilkens, Del Harris ou Rick Adelman.
- Acción Jackson: Jaren Jackson.
- ¿Adivina quien viene esta noche?: En referenza ó filme de Stanley Kramer, na que se fai una analoxía da personaxe protagonizada por Sidney Poitier con Dennis Rodman.
- Aerolíneas Jordan: Definición do estilo de xogo de Michael Jordan.
- Al Salir de Clase: Club formado polos novos xogadores que dan o chimpo á NBA directamente dende o instituto, sen pasar pola Universidade ou sen completar o ciclo universitario de catro anos.
- Albañilería: Traballo sucio dentro da equipa que non loce cara á galería pero que é necesario que alguén o realice.
- Alcatraz: Bonzi Wells, alero dos Blazers. A súa imaxe, coa súa cinta no pelo e o seu físico é a típica dos filmes norteamericanos. Chris Gatling pode ser outro exemplo.
- Alitas de pollo: Lorenzen Wright. O pívot dos Memphis Grizzlies é propietario dun restaurante que ten como especialidade as aliñas de polo.
- Amarrategui blues: Esquemas de xogo ultradefensivos plantexados por algúns adestradores da NBA que semellan esquecérense de que o ataque tamén existe.
- American Graffiti: Peja Stojakovic, alero iugoslavo dos Sacramento Kings. O pelo engominado e o flequillo de Peja son para Andrés Montes dignos do filme.
- Aplicado y obediente: Eric Snow, base dos Philadelphia 76ers.
- Artículo 34: É o artigo da Lei Marcial ó que recurre Shaquille O'Neal cando xoga. Hago lo que quiero, cuando quiero, como quiero y cuando me da la gana.
- Aterrizando en el aeropuerto de (...): Cando un xogador machaca con forza o aro rival.
- Austin Powers: Austin Croshere, alero dos Indiana Pacers.
- Ayer tuve un sueño...: Mítica frase de Martin Luther King empregada para caracterizar ó grupo integrado por ex xogadores como Sam Perkins y Terrell Brandon.
- Decodificador: Mote referidoa Deco xogador portugués do F.C. Barcelona
- El auténtico Queso Manchego: Así é como se refire a Pablo Ibáñez, xogador español de fútbol.
- E.T.: Así é como lle chama a Pau Gasol.
- ...Las llaves del maricomio: Dende un partido de Angola no que xogaba
- Loko,di esa frase cando unha equipa de fútbol tarda moito en meter gol.
- Jugón: Expresión coa que Montes se refire a calquer deportista que xoga dun modo espectacular.
- Mr. Catering: Así é como lle chama ao xogador da NBA Jóse Manuel Calderón.
- Mr. Gayumbos: Así é como Montes chama a Ljungberg, xogador do Arsenal e da selección sueca de fútbol por ser modelo da marca Calvin Klein.
- Multiusos Garbajosa: Así é como chama Montes a Jorge Garbajosa.
- Porque la vida puede ser maravillosa: Expresión que repite frecuentemente durante os partidos de La Sexta do Mundial.
- ¿Por qué eres tan bueno McGrady?: Frase que di cando o xogador da NBA Tracy McGrady realiza algunha acción espectacular.
- Tiburón: Así é como Montes chama a Puyol, xogador do F.C. Barcelona e da selección española de fútbol.
- Tiki Taka: Expresión surxida do maxín deste popular comentarista deportivo durante o Mundial de Fútbol Alemaña 2006. O "Tiki Taka" fai alusión á forma de xogar ó fútbol daqueles equipos que xogan ó toque, dando espectáculo e fabricando vistosas xogadas.
- Tom Cruise: Así chama a Raúl, xogador do Real Madrid.
- ¡Triiiiiiiiiiiiple!: Cando un xogador anota un triple.