Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions NBA - Wikipedia

NBA

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A NBA ou National Basketball Association é a liga profesional de baloncesto de América do Norte, aínda que se considera prácticamente só estadounidense, xa que o único equipo estranxeiro, Toronto Raptors, é de Canadá. A meirande parte dos mellores xogadores do mundo xogan na NBA e, grazas a iso, é considerada, cunha grande diferencia, a mellor liga de baloncesto do mundo.

A NBA fundouse en Nova York o 6 de xuño de 1946 como a Basketball Association of America. Adoptou o nome actual en 1949, trala unión de varios clubs da desaparecida National Basketball League. O partido inaugural foi un New York Knicks - Toronto Huskies, o 1 de novembro de 1946 co Maple Leaf Gardens de Toronto como escenario. O partido foi visto por 7.090 espectadores.

Na actualidade, a NBA está formada por 30 equipos, divididos en dúas conferencias, Oeste e Leste, e seis divisións, Atlántico, Central e Sueste no Leste; e Noroeste, Pacífico e Suroeste no Oeste.

Localización dos equipos NBA, conferencias e divisións.
Localización dos equipos NBA, conferencias e divisións.

Índice

[editar] Tempada Regular

Tralas vacacións de verán, chegan as sesións de adestramento en outubro que permiten ó persoal de adestramento evaluar ós xogadores (especialmente ós novatos), estudar os puntos débiles e fortes do equipo, preparar ós xogadores para a tempada regular e decidirse polos 12 homes que formarán o plantel (e outros tres máis na lista de xogadores inactivos, se é necesario). Os equipos poden asignar xogadores con menos de dous anos de experiencia na liga á NBA Development League (liga de desenvolvemento). Logo comézase unha serie de partidos de exhibición antes da tempada regular que se inicia na primeira semana de novembro.

Na tempada regular cada equipo disputa 82 partidos, divididos en partes iguais entre encontros de local e visitante. O calendario non é o mesmo para todos. Os equipos enfróntanse cos opoñentes da súa propia división en catro ocasións; ante os das otras dúas divisións da súa conferencia, entre tres ou catro veces; e contra os da outra conferencia, dúas veces ó ano. Polo tanto, un equipo pode ter fácil ou difícil o calendario, dependendo da división ou conferencia na que esté sito. Despois dos recentes cambios de formato do calendario da NHL, a de baloncesto é a única liga norteamericana de primeiro nivel na que as franquicias enfróntanse unhas contra outras durante a tempada regular, e na que un ticket de tempada garantízate poder ver ó teu equipo cada vez que veña a xogar á cidade durante a fase regular.

En febreiro, a NBA interrumpese para celebra-lo anual All-Star Game. Os fans de todo o mundo a través de Internet votan ós seus xogadores preferidos, e o xogador máis votado en cada posición e en cada conferencia comezará de titular no equipo All-Star da súa conferencia. Os adestradores son os encargados de elixir ós 14 xogadores restantes. Os adestradores que mellor balance de vitorias-derrotas levan co seu equipo ata febreiro son os responsables de dirixir ó equipo da súa conferencia. O Oeste e o Leste se enfrontan, e o xogador que mellor actuación faga durante o encontro será galardonado co premio MVP do All-Star. Outra das atraccións do fin de semana das estrelas son o partido entre os rookies (novatos) e os sophomores (xogadores de segundo ano), e os concursos de triplas, mates e habilidades.

Tralo All-Star, remata o prazo para realizar traspasos. Despois dese día, os equipos non poden intercambiar xogadores ata final de tempada, aínda que sí está permitido asinar axentes libres e despedir xogadores. Moitos traspasos teñen lugar pouco antes ou durante esa data, facendo dese día un dos máis axitados para os equipos en todo o ano.

No mes de abril, remata a tempada regular. Durante ese tempo, comeza o período de votación dos premios individuais da tempada. O premio ó mellor sexto home recibeo o xogador que máis aportou sen ser titular no seu equipo. O rookie do ano vai para o mellor novato, mentres que o premio ó Jugador Máis Mellorado recibeo, coma o seu propio nome indica, ó xogador que máis mellorou dunha tempada a outra. O xogador máis defensivo da liga lévase o premio ó mellor defensor, o adestrador do ano para o mellor entrenador desa tempada, e o MVP o xogador máis valioso. Ademáis, Sporting News concede anualmente un premio non oficial (pero ampliamente aprobado) ó mellor executivo da tempada.

Na postempada tamén danse a coñece-los tres mellores quintetos do ano, así coma o dos rookies e o mellor quinteto defensivo.

[editar] Playoffs

Os Playoffs da NBA comenzan a finais de abril, con oito equipos de cada conferencia clasificados. Os tres primeiros postos de cada conferencia veñen determinados polos primeiros clasificados en cada división, seguindo á súa vez o balance vitorias-derrotas. Os cinco equipos restantes están determinados polo récord de vitorias entre os equipos non gañadores de división na conferencia. Sen embargo, o ser campeón de división non garantiza te-la vantaxe de cancha nas eliminatorias dos playoffs, algo insólito nos deportes norteamericanos. A vantaxe de cancha está estrictamente basada no balance de victorias-derrotas durante a tempada regular, sen respetar ós gañadores de división.

Ter un récord máis alto ofrece varias vantaxes. Xa que o primeiro clasificado xogará contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, o terceiro contra o sexto e o cuarto contra o quinto, ter un mellor balance normalmente quere dicir que enfrontaraste a un equipo máis débil. A franquicia con mellor balance ten a vantaxe de cancha en cada serie de playoffs, incluida a primeira rolda. Isto significa que, por exemplo, se o equipo que recibe ó sexto clasificado ten mellor balance que o terceiro clasificado, o sexto tería vantaxe de cancha, a pesares de que o terceiro equipo teña un posto na clasificación máis alto.

As series de playoffs seguen un formato de competición. Cada eliminatoria é ó mellor de sete partidos, avanzando de serie o primeiro que gañe catro partidos, mentres que o perdedor é eliminado dos playoffs. Na seguente rolda, o equipo gañador xoga contra outro da súa mesma conferencia. Así, todos excepto un son eliminados dos playoffs en cada conferencia. En cada rolda excepto nas finais da NBA, séguese o modelo 2-2-1-1-1, querendo dicir que o equipo que teña a vantaxe de cancha xogará na casa os partidos 1, 2, 5 e 7, mentres que o seu rival farano nos partidos 3, 4 e 6. Xa nas finais, séguese o modelo 2-3-2, no que o equipo coa vantaxe de campo xoga na casa os partidos 1, 2, 6 e 7, e o outro equipo nos partidos 3, 4 y 5.

Na rolda final, enfóntanse os campións de cada conferencia ó mellor de sete partidos. O primeiro que consiga vencer en catro partidos, proclamarase como o campión da NBA. Dispútase anualmente en xuño, e o campión recibe o Larry O'Brien Championship Trophy. A cada xogador do equipo victorioso, ademáis do adestrador e o general manager, entrégaselle un anel de campión. Ademáis, a liga entrega o premio MVP das Finais, que normalmente recibe un xogador do equipo gañador, aínda que isto non sexa unha norma. Só houbo unha excepción ata a data actual: Jerry West recibiu o MVP das Finais en 1969 (primeira tempada na que se entregaba este premio) a pesares de que Lakers non gañaron o anel.

[editar] Historia

A Basketball Association of America foi fundada en 1946 por propietarios dos principais pabellóns deportivos do Norleste e Medio-Oeste, coma o Madison Square Garden de New York. Aínda que xa houberan antes outras ligas de baloncesto profesionais, coma a American Basketball League e a National Basketball League, a BAA foi a primeira liga en tentar xogar principalmente en pabellóns grandes de cidades importantes. Durante eses anos o nivel da BAA non era obviamente aínda mellor que o das outras ligas, nin os equipos podíanse comparar cos clubs independentes coma os Harlem Globetrotters. Por exemplo, Baltimore Bullets, finalista da ABL en 1947, mudouse á BAA e gañou o título en 1948, seguido por Minneapolis Lakers, gañador da NBL en 1948 e ó ano seguinte na BAA.

Trala tempada de 1948, a BAA estivo de acordo en fusionarse coa NBL, renomeando a liga como National Basketball Association, con 17 franquicias sitas nunha mistura de cidades grandes e pequenas, así como pabellóns con máis capacidade e ximnasios máis pequenos. En 1950, a NBA consolidouse en once franquicias, situación que seguíu ata 1954, cando chegou a contar con tan só oito equipos que aínda perduran (Knicks, Celtics, Warriors, Lakers, Royals/Kings, Pistons, Hawks e Nationals/76ers).

Nesa época, a NBA asistiu tamén ó cambio de franquicias a cidades máis grandes. Os Hawks abandoaron o área de "Tri-Cities" (agora Quad-Cities) para mudarse a Milwaukee e máis adiante a St. Louis; os Royals de Rochester a Cincinnati; e os Pistons de Fort Wayne a Detroit.

En 1950 tamén viuse a integración na NBA, coa incorporación dos primeiros xogadores afroamericanos á liga, como eran Chuck Cooper (Boston Celtics), Nat "Sweetwater" Clifton (New York Knicks) e Earl Lloyd (Washington Capitols).

Durante ese período, Minneapolis Lakers, liderados polo pivote George Mikan, gañou 5 aneis, establecendo a primeira dinastía na historia da liga.

Hoxe, máis de cinconta anos despois, a NBA compónse de xogadores de moitas razas diferentes, así coma de diversos orixes e culturas. A meirande parte (80%) de xogadores na actualidade son afroamericanos.

Despois de que os xogadores negros entraran na NBA, o seu estilo de xogo cambiou ó mesmo. Tiñan un estilo moi extrovertido, e eran máis rápidos e hábiles. Incorporaron o mate ó xogo, e actuaban cuns movementos un tanto chulescos e chamativos. Era un estilo "negro" de xogar ó baloncesto, veloz áxilmente, e cun grande manexo do balón.

Para aumenta-lo ritmo do xogo e animalo, incorporouse a regra dos 24 segundos de posesión, na que se determinaba que un xogador debe lanzar a canastra antes de que o tempo remate, ou se ben o seu lanzamento non toca aro ou se converte en canastra, pitarase violación do xogo e o equipo atacante perderá a posesión.

En 1956, o pivote rookie Bill Russell incorpórase ós Boston Celtics, equipo que xa contaba cun dos mellores bases da liga, Bob Cousy, e un dos adestradores máis laureados da historia da NBA, Red Auerbach. Con Russell, este equipo convertiríase nunha auténtica lenda, gañando 11 aneis nas 13 tempadas nas que estivo en activo. En 1959 o tamén pivote Wilt Chamberlain entrou na liga e en pouco tempo convertiríase nun dos xogadores máis dominantes que endexamáis pisara unha cancha de baloncesto, establecendo todo tipo de récords en puntos e rebotes, e chegando, incluso, a anotar 100 puntos nun partido. A súa rivalidade con Russell é recordada como unha das máis grandes na historia do deporte.

Nese período, a NBA fortaleceuse co movemento de Minneapolis Lakers a Os Ánxeles, de Philadelphia Warriors a San Francisco, e de Syracuse Nationals a Filadelfia.

En 1967, a liga afrontou unha nova ameaza externa coa formación da ABA. Ambas ligas entraron nunha guerra de puxa polo talento. A NBA conseguiu á estrela universitaria máis importante de aquela era, Kareem Abdul-Jabbar (aínda coñecido como Lew Alcindor), que xunto a Oscar Robertson liderou a Milwaukee Bucks a gañar un título na súa segunda tempada, e que máis tarde xogaría nos pentacampións Lakers.

Sen embargo, o máximo anotador da NBA, Rick Barry, deu o salto á ABA ó igual que outros catro veteranos árbitros: Norm Drucker, Earl Strom, John Vanak e Joe Gushue.

A ABA tamén tivo éxito á hora de asinar xóves valores, como Julius Erving, en parte porque estaba permitido asinar xogadores directamente dende o instituto. A NBA expandiuse rápidamente nesa época, co obxectivo de que as franquicias teñan sede no maior número de cidades viables posible. Ó finaliza-la tempada regular en 1976, as ligas estableceron un acuerdo no que catro equipos pasaban da ABA á NBA, aumentando esta liga o número de franquicias a 22.

Ese mesmo ano, a liga agregou da ABA a innovadora liña de tres puntos, e entrarían na liga os rookies Magic Johnson e Larry Bird, para xogar nos Lakers e Celtics respectivamente, o que deu comezo a un período no que o interese pola liga e o número de siareiros medrou tanto no país coma no mundo entero. A preciosa rivalidade que mantiñan estos dous xogadores foi, coma moitos din, un dos feitos que salvaron á liga, que parecía que comezaba a vagar sen rumbo antes das súas chegadas. Bird gañaría con Boston tres títulos, mentres que Johnson proclamaríase vencedor de cinco campionatos cos Lakers.

En 1984, Michael Jordan 'aterraba' na liga, provocando un maior interese na liga. Xa en 1989, o número de equipos medraba ata os 27, seguindo o proceso de expansión. Durante a década dos 90, Jordan gañaría seis aneis cos Bulls adestrados por Phil Jackson.

En azul, os países con xogadores NBA.
En azul, os países con xogadores NBA.

Nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 viuse ó mellor equipo da historia do baloncesto, o popular 'Dream Team' de Estados Unidos, que contaba por primeira vez con xogadores NBA e con estrelas como Jordan, Bird, Magic Johnson, Scottie Pippen, Charles Barkley ou John Stockton. Nesta década, un elevado número de xogadores comezou a chegar doutros países. Ó principio, eses xogadores, coma Hakeem Olajuwon (MVP en 1994) de Nixeria, primeiramente xogaban na NCAA para perfeccionar as súas habilidades. Agora, un número crecente de xogadores chega á NBA directamente dende Europa ou calquera outra parte do mundo, casos coma Pau Gasol (Rookie do ano en 2002) de España, Yao Ming (número 1 do draft de 2002) de China, ou os 'All-Star' Dirk Nowitzki (Alemaña) e Manu Ginobili (Arxentina). Hoxe, os xovenes xogadores de fala inglesa tenden a asistir a universidades estadounidenses antes de comezar a xogar na NBA, como por exemplo, o australiano Andrew Bogut (número 1 do draft de 2005) e o canadiense Steve Nash (MVP da tempada en 2005 e 2006), mentres que outros xogadores internacionais chegan procedentes de equipos profesionais dos seus respectivos países. A NBA é agora televisada en 212 nacións en 42 idiomas. En 1996 a NBA creou unha liga feminina, a WNBA, e en 2001 unha liga menor afiliada, a NBDL.

En 1998 os propietarios iniciaron unha folga patronal (chamada coloquialmente lockout) que durou 191 días, ata o 6 de enero de 1999. Como resultado deste 'lockout', a tempada quedou ese ano reducida a 50 partidos en lugar dos habituais 82.

Hoxe en día, a NBA alcanzou as 30 franquicias e segue a desenvolverse como unha das principais ligas deportivas do mundo.

[editar] Límite Salarial

O límite salarial é o límite que os equipos poden gastar en contratos de xogadores, e que existe para iguala-lo nivel dos equipos da NBA. Sen ‘salary cap’ os equipos poderían ofertar moitos cartos ós axentes libres sen corre-lo riesgo de sobrepasarlo. A idea básica é esa, que un equipo non poida contratar un axente libre se excede o ‘salary cap’.

O ‘salary cap’ para cada futura campaña, está suxeito a unhas adaptacións, e será calculado multiplicando o BRI ("Basketball Related Income" que se trata dun termo definido que incluye tódolos ingresos recibidos polos equipos como resultado das distintas operacións levadas a cabo) por un 48.04%, restando os beneficios dos xogadores, e dividindo o resultado entre 29.

O salario mínimo dun equipo é calculado multiplicando o límite salarial polo 75%.

[editar] Franquicias

[editar] Conferencia Leste

División Equipo Cores Pabellón Fundado
División Atlántica Boston Celtics Verde, Branco TD Banknorth Garden 1946
New Jersey Nets Azul Escuro, Prata Continental Airlines Arena 1967*
New York Knicks Azul, Laranxa Madison Square Garden 1946
Philadelphia 76ers Negro, Vermello, Azul, Ouro Wachovia Center 1939*
Toronto Raptors Vermello, Morado Air Canada Centre 1995
División Central Chicago Bulls Vermello, Negro, Branco United Center 1966
Cleveland Cavaliers Viño, Ouro, Azul Escuro Quicken Loans Arena 1970
Detroit Pistons Azul, Vermello, Branco The Palace of Auburn Hills 1941*
Indiana Pacers Azul, Amarelo, Gris Conseco Fieldhouse 1967
Milwaukee Bucks Morado, Verde Bradley Center 1968
División Sueste Atlanta Hawks Vermello, Ouro, Negro Philips Arena 1946*
Charlotte Bobcats Laranxa, Azul Charlotte Bobcats Arena 2004
Miami Heat Vermello, Negro American Airlines Arena 1988
Orlando Magic Azul, Negro, Prata TD Waterhouse Centre 1989
Washington Wizards Azul, Negro, Bronce Verizon Center 1961*

[editar] Conferencia Oeste

División Equipo Cores Pabellón Fundado
División Noroeste Denver Nuggets Azul Mariño, Azul, Amarelo Pepsi Center 1967
Minnesota Timberwolves Azul, Negro, Verde Target Center 1989
Portland Trail Blazers Vermello, Prata, Negro Rose Garden 1970
Seattle SuperSonics Verde, Ouro KeyArena 1967
Utah Jazz Azul Mariño, Azul Celeste Delta Center 1974*
División Suroeste Dallas Mavericks Azul, Negro, Prata American Airlines Center 1980
Houston Rockets Vermello, Prata Toyota Center 1967*
Memphis Grizzlies Azul Escuro, Amarelo FedEx Forum 1995*
New Orleans/Oklahoma City Hornets Verde Azulado, Ouro, Morado New Orleans Arena/Ford Center 1988*
San Antonio Spurs Negro, Prata AT&T Center 1967*
División Pacífica Golden State Warriors Azul, Laranxa, Ouro The Arena in Oakland 1946*
Los Angeles Clippers Vermello, Azul, Branco Staples Center 1970*
Los Angeles Lakers Morado, Ouro Staples Center 1946*
Phoenix Suns Morado, Laranxa, Gris US Airways Center 1968
Sacramento Kings Morado, Prata, Negro ARCO Arena 1945*

Notas:

  • Un asterisco (*) denota un movemento de franquicia.
  • Indiana Pacers, New Jersey Nets, San Antonio Spurs e Denver Nuggets entraron na NBA en 1976 procedentes da ABA.

[editar] Equipos desaparecidos

  • Anderson Packers (1949-1950)
  • Baltimore Bullets (1947-1955)
  • Chicago Stags (1946-1950)
  • Cleveland Rebels (1946-1947)
  • Indianapolis Jets (1948-1949)
  • Indianapolis Olympians (1949-1953)
  • Pittsburgh Ironmen (1946-1947)
  • Providence Steamrollers (1946-1949)
  • Sheboygan Redskins (1946-1951)
  • St. Louis Bombers (1946-1950)
  • Toronto Huskies (1946-1947)
  • Washington Capitols (1946-1951)
  • Waterloo Hawks (1948-1950)

[editar] Palmarés

[editar] Historial da NBA

Tempada Campión Subcampión Resultado MVP Liga Regular Mellor Adestrador
1946-1947 Philadelphia Warriors * Chicago Stags 4-1
1947-1948 Baltimore Bullets * Philadelphia Warriors 4-2
1948-1949 Minneapolis Lakers * Washington Capitols 4-2
1949-1950 Minneapolis Lakers Syracuse Nationals * 4-2
1950-1951 Rochester Royals * New York Knicks 4-3
1951-1952 Minneapolis Lakers New York Knicks 4-3
1952-1953 Minneapolis Lakers New York Knicks 4-1
1953-1954 Minneapolis Lakers Syracuse Nationals 4-3
1954-1955 Syracuse Nationals Fort Wayne Pistons *: 4-3
1955-1956 Philadelphia Warriors Fort Wayne Pistons 4-1 Bob Pettit, St. Louis
1956-1957 Boston Celtics Saint Louis Hawks * 4-3 Bob Cousy, Boston
1957-1958 Saint Louis Hawks Boston Celtics 4-2 Bill Russell, Boston
1958-1959 Boston Celtics Minneapolis Lakers 4-0 Bob Pettit, St. Louis
1959-1960 Boston Celtics Saint Louis Hawks 4-3 Wilt Chamberlain, Philadelphia
1960-1961 Boston Celtics Saint Louis Hawks 4-1 Bill Russell, Boston
1961-1962 Boston Celtics Los Angeles Lakers 4-3 Bill Russell, Boston
1962-1963 Boston Celtics Los Angeles Lakers 4-2 Bill Russell, Boston Harry Gallatin, St. Louis
1963-1964 Boston Celtics San Francisco Warriors * 4-1 Oscar Robertson, Cincinnati Alex Hannum, San Francisco
1964-1965 Boston Celtics Los Angeles Lakers 4-1 Bill Russell, Boston Red Auerbach, Boston
1965-1966 Boston Celtics Los Angeles Lakers 4-3 Wilt Chamberlain, Philadelphia Dolph Schayes, Philadelphia
1966-1967 Philadelphia 76ers San Francisco Warriors 4-2 Wilt Chamberlain, Philadelphia Johnny Kerr, Chicago
1967-1968 Boston Celtics Los Angeles Lakers 4-2 Wilt Chamberlain, Philadelphia Richie Guerin, St. Louis
1968-1969 Boston Celtics Los Angeles Lakers 4-3 Wes Unseld, Baltimore Gene Shue, Baltimore
1969-1970 New York Knicks Los Angeles Lakers 4-3 Willis Reed, New York Red Holzman, New York
1970-1971 Milwaukee Bucks Baltimore Bullets 4-0 Kareem Abdul-Jabbar, Milwaukee Dick Motta, Chicago
1971-1972 Los Angeles Lakers New York Knicks 4-1 Kareem Abdul-Jabbar, Milwaukee Bill Sharman, Los Angeles
1972-1973 New York Knicks Los Angeles Lakers 4-1 Dave Cowens, Boston Tom Heinsohn, Boston
1973-1974 Boston Celtics Milwaukee Bucks 4-3 Kareem Abdul-Jabbar, Milwaukee Ray Scott, Detroit
1974-1975 Golden State Warriors Washington Bullets * 4-0 Bob McAdoo, Buffalo Phil Johnson, Kansas City-Omaha
1975-1976 Boston Celtics Phoenix Suns 4-2 Kareem Abdul-Jabbar, Los Angeles Bill Fitch, Cleveland
1976-1977 Portland Trail Blazers Philadelphia 76ers 4-2 Kareem Abdul-Jabbar, Los Angeles Tom Nissalke, Houston
1977-1978 Washington Bullets Seattle SuperSonics 4-3 Bill Walton, Portland Hubie Brown, Atlanta
1978-1979 Seattle SuperSonics Washington Bullets 4-1 Moses Malone, Houston Cotton Fitzsimmons, Kansas City
1979-1980 Los Angeles Lakers Philadelphia 76ers 4-2 Kareem Abdul-Jabbar, Los Angeles Bill Fitch, Boston
1980-1981 Boston Celtics Houston Rockets 4-2 Julius Erving, Philadelphia Jack McKinney, Indiana
1981-1982 Los Angeles Lakers Philadelphia 76ers 4-2 Moses Malone, Houston Gene Shue, Washington
1982-1983 Philadelphia 76ers Los Angeles Lakers 4-0 Moses Malone, Philadelphia Don Nelson, Milwaukee
1983-1984 Boston Celtics Los Angeles Lakers 4-3 Larry Bird, Boston Frank Layden, Utah
1984-1985 Los Angeles Lakers Boston Celtics 4-2 Larry Bird, Boston Don Nelson, Milwaukee
1985-1986 Boston Celtics Houston Rockets 4-2 Larry Bird, Boston Mike Fratello, Atlanta
1986-1987 Los Angeles Lakers Boston Celtics 4-2 Magic Johnson, Los Angeles Lakers Mike Schuler, Portland
1987-1988 Los Angeles Lakers Detroit Pistons 4-3 Michael Jordan, Chicago Doug Moe, Denver
1988-1989 Detroit Pistons Los Angeles Lakers 4-0 Magic Johnson, Los Angeles Cotton Fitzsimmons, Phoenix
1989-1990 Detroit Pistons Portland Trail Blazers 4-1 Magic Johnson, Los Angeles Lakers Pat Riley, Los Angeles Lakers
1990-1991 Chicago Bulls Los Angeles Lakers 4-1 Michael Jordan, Chicago Don Chaney, Houston
1991-1992 Chicago Bulls Portland Trail Blazers 4-2 Michael Jordan, Chicago Don Nelson, Golden State
1992-1993 Chicago Bulls Phoenix Suns 4-2 Charles Barkley, Phoenix Pat Riley, New York
1993-1994 Houston Rockets New York Knicks 4-3 Hakeem Olajuwon, Houston Lenny Wilkens, Atlanta
1994-1995 Houston Rockets Orlando Magic 4-0 David Robinson, San Antonio Del Harris, Los Angeles Lakers
1995-1996 Chicago Bulls Seattle SuperSonics 4-2 Michael Jordan, Chicago Phil Jackson, Chicago
1996-1997 Chicago Bulls Utah Jazz 4-2 Karl Malone, Utah Pat Riley, Miami
1997-1998 Chicago Bulls Utah Jazz 4-2 Michael Jordan, Chicago Larry Bird, Indiana
1998-1999 San Antonio Spurs New York Knicks 4-1 Karl Malone, Utah Mike Dunleavy, Portland
1999-2000 Los Angeles Lakers Indiana Pacers 4-2 Shaquille O'Neal, Los Angeles Lakers Doc Rivers, Orlando
2000-2001 Los Angeles Lakers Philadelphia 76ers 4-1 Allen Iverson, Philadelphia Larry Brown, Philadelphia
2001-2002 Los Angeles Lakers New Jersey Nets 4-0 Tim Duncan, San Antonio Rick Carlisle, Detroit
2002-2003 San Antonio Spurs New Jersey Nets 4-2 Tim Duncan, San Antonio Gregg Popovich, San Antonio
2003-2004 Detroit Pistons Los Angeles Lakers 4-1 Kevin Garnett, Minnesota Hubie Brown, Memphis
2004-2005 San Antonio Spurs Detroit Pistons 4-3 Steve Nash, Phoenix Mike D'Antoni, Phoenix
2005-2006 Miami Heat Dallas Mavericks 4-2 Steve Nash, Phoenix Avery Johnson, Dallas


*: Oa equipos sinalados reciben, en datos de 2006, os seguintes nomes:

  • Philadelphia Warriors: Golden State Warriors.
  • Baltimore Bullets: Washington Wizards.
  • Minneapolis Lakers: Los Angeles Lakers.
  • Syracuse Nationals: Philadelphia 76ers.
  • Rochester Royals: Sacramento Kings.
  • Fort Wayne Pistons: Detroit Pistons.
  • Saint Louis Hawks: Atlanta Hawks.
  • San Francisco Warriors: Golden State Warriors.
  • Washington Bullets: Washington Wizards.

[editar] Presidentes e Comisionados

  • Maurice Podoloff, Presidente dende 1946 ata 1963
  • Walter Kennedy, Presidente dende 1963 ata 1967 e Comisionado dende 1967 ata 1975
  • Larry O'Brien, Comisionado dende 1975 ata 1984
  • David Stern, Comisionado dende 1984

[editar] Premios

  • Most Valuable Player
  • Rookie do ano
  • Mellor Defensor
  • Xogador Máis Mellorado
  • Mellor 6º Home
  • Executivo do Ano

[editar] Véxase tamén

  • All-Star Game
  • Basketball Hall of Fame
  • NBA Draft
  • NBA Development League
  • WNBA
  • Récords NBA
  • Lista de xogadores de la NBA

[editar] Enlaces externos

[editar] Oficiais

[editar] Estatísticas

[editar] Noticias

NBA
Conferencia Leste
División Atlántica: Boston Celtics | New Jersey Nets | New York Knicks | Philadelphia 76ers | Toronto Raptors
División Central: Chicago Bulls | Cleveland Cavaliers | Detroit Pistons | Indiana Pacers | Milwaukee Bucks
División Sueste: Atlanta Hawks | Charlotte Bobcats | Miami Heat | Orlando Magic | Washington Wizards
Conferencia Oeste
División Noroeste: Denver Nuggets | Minnesota Timberwolves | Portland Trail Blazers | Seattle SuperSonics | Utah Jazz
División Pacífica: Golden State Warriors | Los Angeles Clippers | Los Angeles Lakers | Phoenix Suns | Sacramento Kings
División Suroeste: Dallas Mavericks | Houston Rockets | Memphis Grizzlies | New Orleans/Oklahoma City Hornets | San Antonio Spurs
NBA All-Star Game | NBA Draft | Cadros de xogadores actuais dos equipos NBA | División Medio-Oeste
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu