Anxo Angueira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Índice |
[editar] Biografía
Anxo Angueira Viturro naceu en Manselle, aldea de San Xián de Laíño, Dodro, en 1961. Sempre vinculado a súa vila natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se trasladou a Padrón onde realizou os estudos de Bacharelato. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa lingua e literatura galega da man do seu mestre de lingua española, Bernardino Graña. Foi este quen lle inculcou o amor pola lingua do país e lle deu as primeiras leccións de literatura. Gañou algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no propio instituto. Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na universidade de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía Hispánica coa especialidade en Lingua Galega. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba. Actualmente traballa como profesor de lingua e literatura galegas no I.E.S. do Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Publicou diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participou na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colaborou en O Xornal, publicación da C.U.T., e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lourenzo Baleirón. En 1992 foi gañador do premio do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla con “O mar e o río do regreso”. En 1994 recibiu un accésit do premio de poesía Camiño de Santiago polo poema “O valo de Manselle”. En 1996 obtivo o premio Café Dublín polo libro de relatos Bágoas de facer illas.
[editar] Obra
[editar] Narrativa
- Bágoas de facer illas (1997)
- Pensa Nao (1999)
- A morte de A. (2003)
[editar] Poesía
- Val de Ramirás (1989)
- O valo de Manselle (1996)
- Libro da vertixe (1996)
[editar] Crítica e estudos literarios
- Guía de lectura de Con Pólvora e Magnolias (1992)
- De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras (1999)
- Edición crítica de Poesía enteira de Heriberto Bens (1999)
- Introducción e antoloxía de La poésie galicienne de 1936 à 1990 (1999)
[editar] Artigos
- Dúas novas revistas en A Trabe de Ouro.-- N. 6 (abr.-xuño 1991) ; p. 115-117
Xosé Mª Alvarez Cáccamo: O lume branco” en A Trabe de Ouro.-- T. 2, ano 3, n. 10 (abr.-maio-xuño 1992) ; p. 285-287
- Antón Avilés de Taramancos, "Ultima fuxida a Harar"” en A Trabe de Ouro.-- T. 2, ano 4, n. 14 (abr.-xuño 1993) ; p. 293-295
- “O Valo de Manselle” en Dorna.-- N. 22 (outono 1996) ; p. 21-25
- Manuel Vidal Villaverde, "A sombra do inimigo" en A Trabe de Ouro. --Ano 9, n. 34 (abril-xuño 1998) ; p. 271-272
- Olga Novo, "Nós nus" en A Trabe de Ouro.-- Ano 9, n. 33 (xan.-marzo 1998) ; p. 121-123
- “Surei" en Dorna.-- N. 24 (1998) ; p. 9
- “Apertura” en Dorna.-- N. 24 (1998) ; p. 8
- “Guggenheim museoa” en A Trabe de Ouro.-- Ano 9, N. 35 (xul.-set. 1998) ; p. 425-428
- “Un Poema de Rosalía de Castro” en A Trabe de ouro.-- N. 49 (xan.-mar. 2002) ; pp. 13-38
- “Galicia non é España”. Anxo Angueira, Emilio Neira Abuín en A Trabe de Ouro.-- N. 52 (2002) ; pp. 545-550
- “Lagoeira” en Dorna.-- N. 28 (2002) ; pp. 11-13
- “Pensamento crítico e poder : as xentes da cultura e o país de Nunca Máis” en Tempos Novos.-- N. 79 (2003) ; p. 74-81
- “Poesía” en Madrygal.-- N. 6(2003) ; p. 157
- “Carvalho Calero e O divino sainete en “Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu tempo” (1º. 2001. Celanova, Ourense). Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" : (Celanova, 13-15 de setembro do 2001) / edición a cargo de, Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo, Begoña Tajes Marcote.-- Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2004.-- Vol. 2, p. 275-289
- “Ensayos poéticos en dialecto berciano. Antonio Fernández Morales” en A Trabe de Ouro.-- N. 53 (2003) ; pp. 39-53
- “A Galicia de Rosalía de Castro” en A Trabe de Ouro.-- N. 59 (2004) ; p. 301-310
[editar] Obras Colectivas
- “Redondela” en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996 (1996)
- “O cura de Fruíme” en Materia prima. Narrativa galega contemporánea (2002)
- Rosalía de Castro: antoloxía. Rosalía de Castro ; limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín ; introducción e selección de textos de Anxo Angueira (2003)
- “Revelados” en Narradio. 56 historias no ar (2003)
- Bocarribeira : poemas pra ler e queimar. Ramón Otero Pedrayo; edición e limiar, Anxo Angueira; ilustración, Reimundo Patiño (2005)
[editar] Breve cuestionario
- Un poeta: Rosalía de Castro
- Unha poeta: Rosalía de Castro
- Un poema: Miña santiña
- Un verso: Amante no meu vaso, aínda canta sede
- Unha inspiración: O devalar do río
- Poeta ou narrador: Poeta
- Un escritor: Ferrín
- Un libro: Bretaña esmeraldina
- Un nome de muller: Ela
- Unha película: L’Atalante, do ano 1965
- Unha canción: Como hei vivir maña sen a luz túa, de Suso Vaamonde, letra de Bernardino Graña
- Unha viaxe: O Courel
- Un lugar: As Cíes
- Unha despedida: Abur!