Apia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Apia é a capital de Samoa. Está localizada na costa norte da illa de Upolu, conta con 38.800 habitantes (2001), é o principal porto e a única cidade do país. En Mulinu'u, a antiga capital cerimonial, situada ao oeste de Apia, esta situado o Parlamento (Fale Fono). Na cidade mestúranse as antigas casas coloniais con edificios de moderno estilo occidental e algunhas casas tradicionais samoanas (fale)