Aquilino Iglesia Alvariño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961) naceu en Seivane de Vilarente, Abadín o 10 de xuño de 1909. Estudiou no seminario de Mondoñedo e adicou a súa vida a ensinanza do latín e a creación poética.
Traduciu ao galego textos de autores clásicos (Horacio, Teócrito, Tibulo). A súa poesía incríbese dentro da corrente iniciada por Noriega Varela que deu en chamarse humanismo paisaxista ou neovirxilianismo, que comporta con autores coma Díaz Castro ou Crecente Vega.
Na súa obra percíbese a pegada da poesía clásica, do saudosismo portugués e, en menor medida, do imaxinismo herdado de Amado Carballo e do creacionismo de Manuel Antonio. Os temas recorrentes na súa poesía son a dor existencial e a paisaxe. Antes da guerra publicou Señardá (1930), poemario formado por sonetos no que o tema principal é a dor; e Corazón ao vento (1933) onde hai unha maior abertura ao vangardismo, tamén foi colaborador de A Nosa Terra e militante do Partido Galeguista
En 1947 aparece Cómaros Verdes, primeiro libro publicado en Galicia tras a Guerra, no que abandona a rima empregando preferentemente o hendecasílabo branco e se mergulla nun paisaxismo no que saidade é un tema fundamental. En Día a Día (1960) domina a actitude existencial con continuas referencias ao pasado e nun ton grave e reflexivo. Con Lanza de Soledá (1961) volve ao soneto e a temática céntrase na angustia humana no medio dunha "Noite" simbólica na que a contraposición luz/sombra ten grande importancia. Nese mesmo ano publica tamén Nenias, poemas homenaxe a autores galegos e foráneos, modernos e antigos que van dende Catulo ata Rosalía.
[editar] Obra
Poesía
- Señarda (Lugo, 1930).
- Corazón ao vento (Lugo, 1933).
- Contra el ángel y la noche (Buenos Aires: Emecé, 1941).
- Cómaros verdes (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1947).
- De día a día (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1960).
- Nenias (Vigo: Galaxia, 1961).
- Lanza de soledá (Ourense: Editora Comercial, 1961).
- Leva o seu cantare (Vilagarcía de Arousa: Celta, 1964).
Traducións
- Horacio, Carmina (Madrid: CSIC, 1950).
- Plauto, A comedia da oliña (Vigo: Galaxia, 1962).
Ensaios
- Noriega Varela, poeta da montaña (Vigo: Galaxia, 1969).
- A lengua dos poetas do Norte de Lugo (A Coruña: Pubricaciós da Real Academia Galega, 1964).
- "Lengua e estilo de Cabanillas" Obras completas de Ramón Cabanillas (Buenos Aires: Galicia, 1959).