Aquilino Ribeiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aquilino Gomes Ribeiro (Sernancelhe, 13 de setembro de 1885 - Lisboa, 7 de maio de 1963) foi un escritor neorealista portugués.
Aquilino Ribeiro foi un dos novelistas máis fecundos da primeira metade do século XX. Iniciou a súa obra en 1913 cos contos de Jardim das Tormentas e coa novela A Via Sinuosa (1918), e mantivo a cualidade literaria na maioria dos seus textos, publicados con regularidade e éxito xunto do público e da crítica. Retomou e renovou o filón rexionalista e picaresco da narrativa portuguesa. Foi tamén ensaísta, crítico e tradutor.
Destinado en principio ao sacerdocio, Aquilino Ribeiro participou en política opoñéndose á monarquía e tívose que exiliar en París. Voltou en 1914. Opúxose tamén á ditatura de António de Oliveira Salazar e tivo problemas coa censura.
[editar] Algunhas obras
Escribiu máis de 70 libros, de entre os que destacan:
- Jardins das Tormentas (1913);
- A Via Sinuosa, 1918
- Terras do Demo (1919);
- O Malhadinhas (1922);
- Estrada de Santiago (1922)
- Andam Faunos pelos Bosques (1926);
- O Romance da Raposa (1929);
- Batalha Sem Fim (1931)
- Volfrâmio (1944)
- Cinco Réis de Gente (1948);
- A Casa Grande de Romarigães (1957);
- Quando os Lobos Uivam (1959).