Ariperto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ariperto é un rei longobardo de Italia, fillo de Gundoaldo duque de Asti e sobriño da raíña Teodelinda. Nobre católico ligado á familia ducal baiuvario, fai asasinar ao rei ariano Rodoaldo e toma o poder (653). Esfórzase en implantar o cristianismo nos ducados longobardos e funda o santuario do Salvador en Pavía, capital longobarda. Morto en 661.
[editar] Ver tamén
Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Rodoaldo |
Ariperto (653-661) |
Precede a: Perctarito |
- |