Pavía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pavía é unha cidade do suloeste de Lombardía, no norte de Italia, situada no río Ticino, un pouco ao norte da confluencia co río Po. É capital de provincia e en 2001 contaba con 71.074 habitantes.
Durante a época romana chamábase Ticinum. Fon capital do reino longobardo. Desde a Idade Media foi sede dunha das universidades máis antigas de Italia. A cidade estivo fortificada até 1842, cando os bastións se transformaron en rúas e xardíns públicos. Porén, grande parte dos muros ficou en pé até 1901, cando foron derrubados para construir a estrada de circunvalación.
A provincia de Pavía dedícase sobretodo á agricultura (viño, arroz e cereais). As industrias son escasas.