Arte budista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Arte budista ten a súa orixe no subcontinente indio (actuais India, Bangladesh e Pakistán) en nos séculos posteriores á vida do Siddhartha Gautama histórico, entre os séculos VI e V adC. Máis tarde, grazas á mistura con outras culturas, logrou desenrolarse e difundirse polo resto de Asia e o mundo.
Unha primeira etapa, chamada preicónica, sitúase óredor do século I dC e caracterizase por non recurrir a representacións directas de Siddhartha Gautama. A etapa seguinte, icónica, ten polo contrario a este personaxe como símbolo central das súas obras de arte.
Dende entón, a arte budista diversificouse e evolucionou para adaptarse ás novas rexións nas que comezaba a sumar adeptos. Expandiuse cara o leste e o norte a través de Asia Central, para formar o que logo foi clasificado como arte budista do norte —en contraposición ó arte budista do sur, que surxiría máis ó sudeste de Asia. Na India, a arte budista floreceu e incluso chegou a influir no desenrolo da arte hindú, ata que o budismo case desapareceu óredor do século X, coa expansión do hinduismo e o Islam.