Arte islámica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia da arte |
{{{arte_seccion}}} |
Arte prehistórica |
Arte antiga |
Arte medieval |
Arte occidental |
Arte contemporánea |
Arte etnográfica |
Arte americana |
Arte africana |
Arte asiática |
Arte islámica |
O termo arte islámica designa a produción artística que se desenvolveu entre a héxira (622) e o século XIX no territorio habitado por poboacións de cultura islámica que se estendía no momento de máximo explendor desde España ata Indonesia. A fe nun Deus único, Alá, e no seu profeta, Mohamed, creou uns lazos culturais e relixiosos que se reflectiron tamén na arte.
A orixe nómade do pobo árabe, primeiro en converterse ó islam, determinou que a arte estivese centrada nas artes decorivas e industriais: ourivería, marfís, [cerámica] mentres que a arquitectura, carente en orixe dunha organización no construtivo e no ubanístico vai derivar nunhas estruturas arquitectónicas abertas con patios e pórticos cubertos xeralmente con terrazas. O material de construción habitualmente utilizado foi o tixolo, os vanos péchanse mediante o arco de medio punto, o arco apuntado, o arco peraltado e sobre todo polo arco de ferradura e o arco polilobulado, os edificios estaban cubertos por bóvedas de canón e a partir do século X por bóvedas de arista formando arcos que se cruzan deixando un polígono central. O edificio máis característico da arte islámica é a mesquita, a súa orixe está na casa de Mahomed e a súa tipoloxía non mudou ata a época actual, consta de haram, sala de piares orientada cara A Meca cun nicho aberto no muro do fondo, diante do que está a macsura (palco) e o mimbar (púlpito), esta sala dá ao sahn, patio porticado no que está o sabil (fonte de ablucións).
A decoración da arte islámica é plana, sen eixo de simetría e con tendencia á repetición indefinida de motivos xeométricos e vexetais estilizados que se mesturan entre si e con outros motivos epigráficos.
Template:UA