Wikipedia:Artigo Destacado/outubro 2005
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Albert Einstein (14 de marzo, 1879 - 18 Abril, 1955) foi un físico e matemático alemán (nacionalizado despois estadounidense) que propuxo a teoría da relatividade, entre outras. Fixo outras importantes contribucións ó desenvolvemento da mecánica cuántica, mecánica estatística e cosmoloxía, a parte doutras menores áreas, e é tido en xeral como o físico máis importante do século XX. Fóille concedido o Premio Nobel en Física no 1921 pola súa explicación do efecto fotoeléctrico e "polo seu servicio á Física Teórica".