Astrolabio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Instrumento antigo, usado para medir a altura dos astros por riba do horizonte, inventado por Hipatía de Alexandría, usábase para fins astrolóxicos e astronómicos. Máis tarde foi simplificado e substituído polo sextante.
Tamén era utilizado para resolver problemas xeométricos, como calcular a altura dun edificio ou a profundidade dun pozo. Formábao un disco de latón graduado na seu bordo, nun anel de suspensión e nunha mediclina (especie de punteiro). O astrolabio náutico era unha versión simplificada do tradicional e tiña a posibilidade de medir a altura dos astros para axudar na localización en alto mar.
A avantaxe do astrolabio en relación ao cuadrante é o feito de que é máis doado para traballar á luz do día e tamén porque a Estrela Polar non era visible no hemisferio sur. Era tan pesado que era capaz de permanecer pendurado verticalmente a pesar do abaneo do navío
O astrolabio moderno de metal inventouno Abraham Zacuto en Lisboa, a partir de versións árabes pouco precisas.