Athol Fugard
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Harold Athol Lannigan Fugard (Middleburg, Sudáfrica, 1932) é un dramaturgo sudafricano. A súa dona Sheila Fugard e a súa filla Lisa Fugard son tamén escritores.
Pasou a infancia en Port Elizabeth, estudou nunha escola católica e comezou estudos na Universidade de Cidade do Cabo, aínda que non rematou e durante un tempo formou parte da tripulación dun navío e viaxou por todo o mundo. Xa en terra estableceuse en Port Elizabeth e en Johannesburgo traballou nos xulgados ao tempo que dirixía a un grupo de actores negros para os que escribiu a súa primeira obra, No Good Friday, e tomaba partido contra as leis do apartheid e en 1962 apoiou un boicot internacional contra os teatros segregados.
En 1992 dirixiu a versión cinematográfica dunha das súas obras, The Road to Mecca