New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Bólas do Dragón - Wikipedia

Bólas do Dragón

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Reprodución das Bólas do Dragón, son 7 bólas de cristal con cadanseu número de estrelas no seu interior que van do 1 ó 7.
Reprodución das Bólas do Dragón, son 7 bólas de cristal con cadanseu número de estrelas no seu interior que van do 1 ó 7.

As Bólas do Dragón (tamén coñecidas coma Bólas Máxicas) son 7 esferas máxicas no manga e anime Dragon Ball, e un dos principais temas da historia.

Índice

[editar] Historia

Aviso: Esta sección pode conter detalles da trama.


Hai aproximadamente 75 millons de anos atrás, os KaioShins dese tempo deron a uns poucos namekianos o poder de crear as chamadas Bólas do Dragón (talvez por ser unha raza bastante poderosa e pacífica), sendo moi explícitos en que só as usasen en ocasións excepcionais.

Mais hai centenas de anos atrás, o planeta Namek atravesou problemas climáticos polo que alguns dos seus habitantes tentaron escapar. Asi, de entre os poucos superviventes, algúns decidiron enviar os seus descendentes a outros planetas para salvalos. Foi, desde xeito, como un pequeno namekiano, ó que lle corría polas súas veas sangue máxico e guerreiro, foi enviado ó planeta Terra para sobrevivir. Era Piccolo, fillo de Katattsu, que máis tarde se tornaría o Kami Sama da Terra. Por ter sangue máxico, ese namekiano creou instintivamente unhas bólas parecidas ás do seu planeta.

Outra vez pasaría o tempo ata comezar a historia de Dragon Ball cando unha rapaza chamada Bulma atopa no soto da súa casa unha Bóla do Dragón. Após pesquisar moito sobre a bóla, descobre a súa utilidade e pasa a percorrer o mundo atrás das outras bólas. Para facilitar a busca, Bulma inventa un radar que detecta as pequenas ondas que as Bólas do Dragón emiten. Tódolos acontecementos na serie xurdiron grazas ás bólas e ó interese inicial de Bulma en xuntalas.

Ó longo da serie, é descoberto que alén das bólas do Dragón da Terra, existen tamém as bólas de Namek (as orixinais) e as bólas de estrela negra. Ademais, aumentarase o poder tanto ás da Terra como ás de Namek.

En Dragon Ball GT introduciuse o concepto das bólas de estrela negra. Estas bólas foron creadas durante o período en que o fillo de Katattsu, o Piccolo orixinal, aínda non se separara en Piccolo Daimaō e Kami Sama. Estas bólas serían moito máis poderosas e funcionarían de distinto xeito ás orixinais.

[editar] Propiedades xerais

Son sete bólas máxicas de forma esférica, que están repartidas por todo o mundo. A súa cor sempre é laranxa cristalina con pequenas estrelas en destaque no seu interior. Estas varían de 1 a 7, tipicamente de cor vermella (no caso das de estrela negra son introducidas en Dragon Ball GT). Cando estas se reúnen comezan a palpitar e a emitir fortes escintileos simultaneamente. Utilizanse para invocar un dragón, dicindo as palabras máxicas correspondentes, que concede un ou varios desexos. Este dragón concederá o desexo ó primeiro que llo pida (non necesariamente ó que o invocou). O ceo do planeta no que se utilizan fica totalmente escuro, independente do horario e ambiente, cando se chama polo Dragón Sagrado. Despois de se cumprir o desexo, as bólas convértense en simples pedras durante o prazo dun ano, e espállanse por todo o planeta. Alén disto, se só se pide un desexo pódese despedir o dragón nese intre e así as bólas permanecerán inactivas menos tempo que se se pedisen tódolos desexos. Ademais o dragón é paciente ó esperar polos desexos, mais se demorar moito, el retírase e as bólas voltan a se espallar polo mundo.

As Bólas do Dragón están ligadas ó seu creador, isto é, se o seu creador morre, estas convértense en pedras e perden o seu poder. Se o dragón está a ser evocado nese momento el desaparece. Ademais, é posíbel matar o dragón. O creador non sofre ningún dano, aínda que as bólas son desactivadas. Con todo, é moi sinxelo para o creador activalas de novo, restaurando o dragón.

Por outra banda, nos desexos que concede o dragón hai algunhas limitacións:

  • Non pode revivir unha persoa que morrera por causas naturais (vellice ou enfermidade). Asi a todo, poden resucitar brevemente quen a súa vida fora acurtada.
  • Non pode conceder un desexo que estea máis aló das capacidades do seu creador. Por exemplo, non poden matar ou debilitar alguén demasiado poderoso. Ademais se o desexo afecta a un ser poderoso, este pódese refusar (como cando Songoku refusou voltar á Terra). Neste caso o desexo queda nulo, e pódese pedir outro no seu lugar.

[editar] Enerxía negativa

En Dragon Ball GT introduciuse o concepto de enerxía negativa nas Bólas do Dragón. Segundo Dragon Ball GT, cando se fai un desexo, créase unha cantidade igual de enerxía negativa xunto co desexo beneficioso. Para evitar que esta enerxía cause problemas, as Bólas do Dragón absorven esta enerxía negativa, que só se dispersa despois do período de espera orixinal de 100 anos. Daquela as Bólas do Dragón espállanse polo planeta, dándolle tempo a dispersar a enerxía negativa, xa que, en teoría, levaríalle anos a alguén atopar as 7 bólas de novo e convocar o dragón. Se isto non acontece así (como pasaría en Dragon Ball GT grazas a que co radar podían ser atopadas dun xeito doado) as bólas encherán a súa capacidade total, fenderán e a enerxía escura escapará. Logo, ó convocar estas bólas corrompidas aparecerá un dragón escuro chamado Kokuen no Ryu que anunciaba a chegada de sete dragóns escuros, que acabarán coa destrución do planeta, cada un resultado dun desexo que algunha vez se concedeu dentro do último período de 100 anos.

[editar] Nomenclatura segundo o seu estrelado

Bóla do Dragón terrestre dunha estrela (Yī Xīngqiú)
Bóla do Dragón terrestre dunha estrela (Yī Xīngqiú)

Cada Bóla do Dragón noméase dacordo ó número de estrelas que teña. Este nome está en chinés mandarín, polo que no manga orixinal Akira Toriyama escrebeu os Kanjis, e sobre eles, en Katakana, a pronunciación aproximada en chinés mandarín. Na tradución galega da serie utilizouse un derivado do nome rōmaji.


N.º de estrelas Kanji Chinés mandarín Katakana Rōmaji Nome en galego
1 一星球 Yī Xīngqiú イーシンチュー Ī Shinchū Ii Shinchuu
2 二星球 Èr Xīngqiú アンシンチュー An Shinchū Ryan Shinchuu
3 三星球 Sān Xīngqiú サンシンチュー San Shinchū San Shinchuu
4 四星球 Sì Xīngqiú スーシンチュー Sū Shinchū Suu Shinchuu
5 五星球 Wŭ Xīngqiú ウーシンチュー Ū Shinchū Uu Shinchuu
6 六星球 Liù Xīngqiú リューシンチュー Ryū Shinchū Ryuu Shinchuu
7 七星球 Qī Xīngqiú チーシンチュー Chī Shinchū Chii Shinchuu

[editar] Tipos de Bólas do Dragón

[editar] As Bólas do Dragón da Terra

Foron creadas por Kami Sama tras se separar do seu lado maligno (Piccolo Daimaō), que ocupou o cargo de deus deste planeta e creou instintivamente as bólas da Terra a imaxe e semellanza das que existían no seu planeta de orixe.

Estas conceden un único desexo, e despois diso convértense en pedras, ficando así un ano terrestre (365 días e 6 horas), e espállanse por todo o planeta. O dragón que xurde ó reunir as 7 Bólas do Dragón é Shenron, creado a partir dunha escultura deseñada por Mr. Popo. Estas bólas son un chisco máis grandes ca unha pelota de tenis e as súas estrelas son de cor vermella.

O desexo que conceden estas bólas tén as seguintes características:

  • Pode resucitar calquera cantidade de persoas nun só desexo.
  • Non pode revivir unha persoa que xa fora revivida antes.
  • Non pode revivir unha persoa que leve máis dun ano morta.
  • Non hai especificación de cal lingua debe ser pronunciada para se pedir os desexos.

[editar] Tras ser reactivadas

Despois de que Kami Sama se fusionara de novo con Piccolo, Dende é escollido coma novo deus da Terra, el volve crear as Bólas do Dragón, incrementando o seu poder para que cumpran dous desexos e permitindo que reviva alguén que leve morto máis dun ano. Máis aínda non podían resucitar quen xa fora resucitado.

[editar] Tras ser potenciadas

Na saga de Bu, Dende tiña feito unha actualización nas Bólas do Dragón. Deste xeito cumprían 3 desexos e podían resucitar unha persoa que xa tivera resucitado.

Deuse o caso de realizar un desexo e ó non querer outro, podíase despedir o dragón e as bólas permanecerían inativas por 4 meses. Se o dragón realizar dous desexos, as bólas permanecerían inativas por 8 meses.

[editar] Bólas do Dragón do Planeta Namek

Ó ser o seu planeta de orixe, as Bólas de Dragón de Namek son máis poderosas cás da Terra e foron creadas polo Patriarca de Namek. O dragón que aparece ó reunilas é Polunga, cunha aparencia diferente e un tamaño maior ca Shenron. Pode conceder 3 desexos e como o ano do planeta Namek dura tan só 130 días, o seu tempo de inactividade é menor. Ademais, estas bólas son de maior tamaño cás da Terra, sendo aproximadamente tan grandes coma unha bóla de basquetbol. Por mor do seu peso non se espallan por todo o planeta.

Os desexos que conceden estas bólas teñen as seguintes características:

  • A evocación e os desexos deben ser feitos no idioma de Namek.
  • Poden resucitar a mesma persoa cantas vezes sexa preciso.
  • Poden resucitar persoas que leven máis dun ano mortas.
  • Só poden resucitar unha persoa por desexo.

[editar] Trala morte do Patriarca

O seu poder aumenta ó longo da serie, do mesmo xeito que lles acontece ás terrestres. así, trala morte do Patriarca, o coidador do uso das Bólas do Dragón de Namek, Muri, acedeu ó seu posto e as bólas sufriron un aumento de poder. Este consistía en que ó principio só se podía resucitar persoas de xeito individual e levar as súas almas a un planeta, considerándose dous desexos distintos; co aumento de poder, Polunga é quen de resucitar grupos de persoas e situalos nun planeta determinado, sen necesidade de transportar as súas almas como desexo previo.

[editar] Bólas do Dragón de estrela negra

As Bólas de Dragón de estrela negra (究極のドラゴンボール - Kyūkyoku Doragon Bōru) son un terceiro tipo de bólas, tamén denominadas coma Dark Dragon Balls, que apareceron en Dragon Ball GT. Foron creadas polo Piccolo orixinal antes de se separar en dous, polo que estas teñen aínda máis poder cás Bólas do Dragón tradicionais. Permaneceran desde sempre agochadas no pazo celestial ata ser descubertas por Pilaf e os seus secuaces, sen que ninguén soubese da súa existencia ata daquela.

As estrelas que posúen, no canto do vermello típico das outras Bólas do Dragón, son de cor negra. O seu tamaño, nomenclatura e numeración de estrelas é idéntico ó das da Terra. Ademais estas chaman un dragón diferente, Shenron vermello, un dragón de maior tamaño có Shenron tradicional e de cor vermella que concede un só desexo. Teñen maior poder cás Bólas do Dragón da Terra e de Namek para poder realizar ese desexo. E por mor disto, estas bólas teñen características diferentes das bólas tradicionais:

  • Logo após cumprir o desexo, as bólas espállanse por todo o universo, no canto de facelo no planeta onde se activan, facendo moi difícil a súa procura e encontro.
  • Así, se as bólas non están no planeta despois de pasado un ano após ter realizado o desexo, o planeta estoupa.
  • Estas bólas non se tornan de pedra despois de facer o desexo.
  • Probabelmente poden matar ou contrariar un ser moi poderoso. Este feito foi observado cando o dragón destas bólas transformou Son Goku en cativo sen llo consultar.

Ó saber Piccolo da súa existencia, e comprobar que existen por mor de que se atopan ligadas a el (volve ser o Kami Sama orixinal, creador das mesmas trala súa fusión), decídese sacrificar para evitar que estas poderosas bólas caian en más mans.

[editar] Os desexos concedidos

Estes son, por orde cronolóxica, os desexos que se pediron (e efectuaron) ós dragóns sagrados:

[editar] Na serie de manga e anime (26+1)

Desexo Solicitante Dragón
Alguén pediu ser rei.

Este desexo cóntase coa lenda da Terra polo que non se sabe se isto ocorreu realmente.

- Shenron
Unhas bragas Oolong Shenron
Resucitar Bora, asasinado por Tou Pai Pai Upa Shenron
A xuventude eterna Piccolo Daimaō Shenron
Resucitar os mortos a causa de Piccolo Daimaō - Shenron
Resucitar Son Gokū Mutenroshi Shenron
Resucitar Piccolo Dende Polunga
Trasladar Piccolo ata Namek Dende Polunga
Resucitar tódolos mortos a causa de Freezer Mr. Popo Shenron
Transportar tódolos que se achaban en Namek ata a Terra, agás Son Gokū e Freezer Dende Polunga
Trasladar a alma de Krilin á Terra Bulma Polunga
Resucitar Krilin Bulma Polunga
Resucitar Yamcha Bulma Polunga
Resucitar Chaoz Bulma Polunga
Resucitar Ten Shin Han Bulma Polunga
Transportar os namekianos a Novo Namek Bulma Shenron
Resucitar os mortos a causa de Célula, incluíndo Toranks do futuro Yamcha Shenron
Eliminar as bombas dos corpos de C-17 e C-18 Krilin Shenron
Resucitar os mortos durante o día do 25º Torneo, exceptuando os malvados. Bulma Shenron
Reconstruir a Terra, tras ser destruída por Majin Boo Dende Polunga
Resucitar tódolos que morreron desde que Babidi chegou á Terra, agás os extremadamente malvados (Vexeta resucitou) Dende Polunga
Recuperar a forza normal de Son Gokū Dende Polunga
Facer que tódolos habitantes da Terra esqueceran que Majin Boo foi malvado. - Shenron
Rexuvenecer Son Gokū, tornándoo un cativo Pilaf Shenron vermello
Crear un planeta, achegado á Terra, que se asemellase ó planeta Plant (planeta Vexeta) Vexeta Baby Shenron vermello
A reconstrución da Terra, tras ser evacuada ó Planeta Tsufur e ter estoupado, a causa das Bólas de Dragón de estrela negra Dende Polunga
La resurrección de tódolos habitantes mortos desde a unión do Mundo Real e o Outro Mundo, a aparición de Super C-17, a corrupción negativa das Bólas do Dragón e a aparición dos 7 Dragóns Escuros. Son Gokū Shenron

[editar] En películas e especiais (9+1)

Tódolos desexos foron realizados por Shenron.

Desexo Solicitante Película
Voltar á normalidade o país, como era antes de se atopar os diamantes, e facer que estes desaparezan Sune A lenda de Shenron, o Dragón Sagrado
Resucitar Bora Upa Aventura Mística
Resucitar Hatchan Son Gokū O camiño cara ó máis forte
Ser inmortal Garlic Jr. Garlic Junior Inmortal
Resucitar o laboratorio xeado do Dr. Willow e o que había nel. Dr. Korchin O máis forte do Mundo
Recuperar o bosque do incendio Son Gohan Superbatalla na Terra
Rexuvenecer Slug Son Goku superguerreiro
Sacar a Tapion do seu encerro da caixa de música. O feiticeiro Hoi O ataque do Dragón
Pídese axuda de forma mental no seu combate contra Broly, facendo aparecer unha ilusión de Son Goku e a enerxía que este desprende Son Gohan e Son Goten O regreso de Broly
Que a súa avoa Pan (gravemente enferma) e o seu amigo Pakk (desaparecido) volvan restabelecidos
Este desexo é pedido á Sì Xīngqiú, polo que estritamente non é un desexo
Goku Jr. Dragon Ball GT: 100 anos despois

[editar] Desexos non-concedidos

  • Cando Oolong pediu que Shenron destruíse os saiyans e salvase a Terra.
  • Reviver as persoas mortas por Nappa. Polunga non podía reviver máis dunha persoa por desexo.
  • Vida eterna para Vexeta. Fracasou por mor da morte do Patriarca de Namek.
  • Vida e xuventude eterna para Freezer. Non o conseguiu por non falar o idioma de Namek.
  • Reviver Son Goku. Xa estaba vivo.
  • Trasladalo á Terra. Non quixo ir.
  • Tornar os androides C-17 e C-18, humanos. Non podía alteralos por serem moi poderosos en relación ó dragón.

[editar] Noutras series

  • No manga Dragon Boy, as Bólas do Dragón son pequenas bólas moi similares ás bólas da serie Dragon Ball. Pola contra, no canto de conceder desexos, pódense abrir usando enerxía ki para lanzar un pequeno bebé dragón que non concede desexos.
  • No anime Puni Puni Poemy, vese que a personaxe principal conseguíu 3 Bólas do Dragón para desexar voltar os seus difuntos pais. Este é unha simple piada sobre Dragon Ball e non debe ser tomada en serio.

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu