Vermello
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Vermello (do latín "vermiño", a cochinilla) é a cor situada no limite do espectro visíbel luminoso (por baixo desta lonxitude de onda está o infravermello que xa non é perceptíbel pola visión humana). Tamén se coñece como "escarlata" ou "encarnado".
- O prefixo grego para vermello é Eritro-.
[editar] Coordenadas aproximadas da cor
Triplete hexadecimal | #ffff00 |
RGB (r, g, b) | ( 255, 255, 0 ) |
CMYK (c, m, y, k) | ( 0, 100%, 100%, 0 ) |
HSV (h, s, v) | ( 60, 100, 100) |
[editar] Uso, simbolismo e expresións coloquiais
- O vermello acostuma asociarse coa esquerda dunha forma xeral e co comunismo en particular.
- Unha das cores asociadas ao Nadal, xunto co verde e mais o branco.
- Representa o loito na Igrexa Católica, por analoxía ao sangue de Cristo.
- Na simboloxía chinesa, o vermello é a cor da boa sorte.