Bahia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estado da Bahia | |
---|---|
Capital: | Salvador |
Área: | 567.295 km² |
Habitantes: | 13.066.910 (Censo 2000) |
Hora: | GMT-3 |
Gobernador | Paulo Ganem Souto |
Mapa do estado no Brasil | |
A Bahia é un estado brasileiro situado o sur da Rexión Noreste. Ten como límites Alagoas, Sergipe, Pernambuco, Piauí (N); Océano Atlántico (E); Minas Xerais e Espírito Santo (S); Goiás e Tocantins (O). Ocupa unha área de 567.295,3 km².
A capital é Salvador. As cidades máis poboadas son Salvador, Feira de Santana, Vitória da Conquista, Itabuna, Ilhéus e Juazeiro. Uns 90% da súa área está por riba dos 200 m. Os seus ríos principais son o São Francisco, Paraguaçu e Jequitinhonha.
[editar] Economía
A economia do estado baséase na agricultura (cana de azucre, mandioca, feixón, millo, cacao e coco); na industria (química, petroquímica, automóbil e súas pezas); e na minería. O turismo tamén é moi importante nas cidades de Salvador (capital do estado), e Porto Seguro (no litoral sur) e outras do seu litoral. Xa a rexión da Chapada Diamantina ten vocación para o ecoturismo.
[editar] Ligazóns externas
- Goberno do Estado da Bahia en portugués