Millo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Millo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Zea diploperennis Zea luxurians |
||||||||||||
![]() |
O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo. As mazarocas están cubertas por filas de grans.
A especie forma parte do xénero Zea, que non tén conxéneres achegados. As flores masculinas e femininas (estas nun eixo esponxoso chamado zuro ou olote) aparecen en inflorescencias separadas pero dentro do mesmo pé. Esta característica permite a obtención do millo híbrido, hoxe en día tan estendido. É tal a variabilidade do gran verbo da forma e cor, na mazaroca ou na mesma planta, que aínda non se acadou a clasificación científica de tódalas súas variedades. Ademais da híbrida, as variedades máis importantes son "dente marelo", "Krug" e "dentalla marela de Reid".
Índice |
[editar] Historia
Todo parece indicar que a cultura do millo teña comezado onde hoxe se localizan México e América Central hai millares de anos. O seu nome, de orixe indíxena caribeña, significa “sustento da vida”. Alimentación básica de varias civilizacións importantes ao longo dos séculos, os Maias, Astecas e Incas reverenciaban o cereal na arte e relixión. Gran parte de suas actividades diarias estaban ligadas ao seu cultivo.
O millo era plantado por indios americanos nos montes, usando un sistema complexo que variaba a especie plantada de acordo co seu uso. Ese método foi substituído por plantacións dunha única especie.
Coas grandes navegacións do século XVI e o inicio do proceso de colonización da América, a cultura do millo expandiuse para outras partes do mundo. A súa orixe está entón en América, e foi traída a Europa por Cristobal Colón en 1492. A primeira referencia do seu cultivo en Galiza data de 1610, na zona do Barbanza. O seu cultivo é fundamental na zona setentrional dos Balcáns, no sur de Rusia e en Sudáfrica. En España é o cultivo típico da zona húmida e en América os maiores focos encóntranse en Estados Unidos (no chamado Corn belt, o cinto do millo) e Arxentina Hoxe é cultivado e consumido en todos os continentes e a súa produción só é menor que a de trigo e a do arroz.
No Brasil, o cultivo do millo ven desde antes da chegada dos europeos. Os indios, principalmente os guaranís, tiñan o cereal como o principal ingrediente da súa dieta. Coa chegada dos portugueses, o consumo aumentou e novos produtos á base de millo foram incorporados aos hábitos alimentares dos brasileiros.
O plantío de millo na forma ancestral continua a praticarse na América do Sur, nomeadamente en rexións pouco desenvolvidas, no sistema coñecido no Brasil como de rozas.
No final da década de 1950, grazas a unha grande campaña a favor do trigo, o cereal comezou a perder espazo na mesa brasileira. Actualmente, aínda que o nivel de consumo do millo no Brasil veña crecendo, ainda está lonxe de ser comparado a países como México e aos da rexión do Caribe.
[editar] Grans
O gran componse de embrión ou xermolo (onde se concentra a graxa) e endospermo con amidón (órgano de reserva que forma o corpo da semente). Xunta cada gran de amidón esténdese unha rede de proteínas, substancia que tamén aparece na capa de aleurona que rodea a superficie do endospermo. Este gran pode moerse separando primeiro a cuberta (o xermolo do endospermo) ou o enteiro, coma no trigo. A súa fariña constitúe unha das principais fontes de amidón e o xermolo fornece un excelente aceite. Ademais o millo vale coma un instrumento de investigación xenética extraordinario.
[editar] Cultivo
A sementeira faise en sucos ou foxiños con 5 ou 6 grans e o seu período vexetativo oscila entre 4 e 5 meses. Durante o mesmo non precisa de excesivos coidados, ainda que algo si no comezo. Despois da fecundación procédese á poda. A planta medra en medios tan diferentes que se podería dicir que non existe ningunha enfermidade de carácter universal para ela. Os máis comúns son o tizón (Ustilago maydis), que pode producir formacións tumorosas en calquera parte da planta, e a carie de raíz, talo e mazaroca (que agosta as partes mencionadas). Para combatelas aconséllase o emprego de variedades resistentes. Canto ás pragas, destaca o "barreno", combatido eliminando os individuos hibernantes.
Até avanzado o século XX, os labregos galegos distinguían entre o millo do monte e o millo da leira. Tratándose da mesma especie, aquel sementábase en claros abertos nos bosques mediante lumes e pagábase o dobre que estoutro.
[editar] Procesado
Cultívase moito nas zonas costeiras, onde se sementa nos meses de abril e maio, e colléitase entre setembro e outubro. Posteriormente esfóllase e gárdase no hórreo ou en sitio seco. O de peor calidade dáse aos animais, e o mellor dedícase ao consumo humano, aínda que non é moi apreciado. En Galiza adóitase facer pan con el (normalmente mesturándoo con centeo), filloas e empanadas. A variedade botánica chamada popularmente millo pego foi fondamente estudada pola Misión Biolóxica de Galicia para a súa mellora xenética.
[editar] Hibridación
As variedades híbridas conséguense fecundando artificialmente as variedades orixinais de polinización directa durante cinco xeracións continuas. Con catro castas A, B, C e D, as dúas primeiras seméntanse en sucos alternos nun campo illado doutro coas dúas segundas. Dentro de cada leira procúrase escoller posteriormente como proxenitor masculino a casta que destacase pola abundancia de pole nas flores masculinas; a outra raza será o proxenitor feminino pola súa boa graneirada. Tanto nunha coma noutra finca, as flores masculinas novas arríncanse da parte superior da casta feminina consonte queren florecer. Así, todo o pole que transporte o ar ata a ringleira feminina será orixinario da masculina e tódalas plantas da ringleira feminina darán semente híbrida, AB nunha leira e CD na outra parcela.
No ano seguinte, estes millos híbridos seméntanse xuntos en aliñamentos alternativos e a maior escala. Repítese a operación de separar as flores masculinas dunha delas e a semente resultante será híbrida das catro liñas. As variedades híbridas así conseguidas non se reproducirán a si mesmas, polo que hai que facerse con sementes tódolos anos.
[editar] Usos
O millo é basicamente utilizado na alimentación, sexa en forma direta (consumo humano directo), ou indirecta (na alimentación de animais).
[editar] Uso na alimentación humana directa
Nos Estados Unidos, o uso do millo na alimentación humana directa é relativamente pequeno -aínda que haxa grande produción de cereais matinais como flocos de cereais ou corn flakes e xarope de millo, utilizado como adozante. No México o seu uso é moi importante, sendo a base da alimentación da poboación (é o ingrediente principal das tortillas, e outros pratos da culinaria mexicana).
De acordo coa Embrapa, no Brasil só o 5% do millo producido se destina ao consumo directo humano. No Brasil, é a materia-prima principal de varios pratos da culinaria típica brasileira como canxica, cuscuz, polenta, angu, mingaus, cremes, entre outros como bolos, pipoca ou simplemente millo cocido.
[editar] Usos alternativos
O uso primario do millo nos Estados Unidos e no Canadá) é na alimentación para animais. O Brasil ten situación parecida: o 65% do millo é utilizado na alimentación animal, e 11% é consumido pola industria, para diversos fins.
O seu uso industrial non se restrinxe á industria alimenticia. É largamente utilizado na produción de elementos espesantes e colantes (para diversos fins) e na produción de óleos e de etanol. O etanol é utilizado como aditivo na gasolina, para aumentar a octanaxe.
Algunhas formas da planta son ocasionalmente cultivadas na xardinaría. Para este propósito, son usadas especies con follas de cores e formas variadas, así como especies con espigas de cores vibrantes.
[editar] Pesquisas xenéticas
O millo é a especie vexetal máis utilizado para investigacións xenéticas. En 1940, Barbara McClintock gañou o Premio Nobel de Medicina pola súa descoberta de transposons, mentres estudaba o millo.
A produción de millo é unha das máis difundidas entre as de alimentos transxénicos, en parte por que o seu consumo é basicamente para razón animal, onde a resistencia do consumidor é menor.
Algunhas variedades exóticas de millo son cultivadas soamente para adicionar diversidade xenética durante procesos de selección de novas sementes para uso doméstico -inclusive millo transxénico-.
[editar] Variedades especiais
[editar] Millo branco
Unha das variedades máis difundidas no Brasil é o Millo branco. Ten como principais finalidades a produción de canxica, grans e silo.
A planta ten altura próxima de 2,20 metros, sendo que a espiga nace a 1,10 metro do solo. A espiga é grande, cilíndrica e presenta alta compensación. O espiga é fina. Os grans son brancos, profundos, pesados e de textura media. O colmo ten alta resistencia física e boa sanidade. A raíz ten boa fixación.
A planta é especialmente resistente ás principais doenzas foliares do millo, en diferentes altitudes e épocas de plantación. Poden ser collidas até dúas colleitas de millo branco por ano.
Nalgunhas épocas e rexións do Brasil, a cotación da saca de millo branco pode ser até 50% superior á do millo tradicional. O auxe da demanda ocorre no período inmediatamente anterior á Coresma, pois a canxica é un prato típico destas festas.
No Brasil, o millo branco é bastante difundido nos estados do Paraná e Sao Paulo, mais hai tamén plantacións isoladas nos estados de Santa Catarina, Minas Xerais e Mato Groso. Entre os principais municipios produtores están Londrina, Iratí e Pato Branco no Paraná, e Tatuí e Itapetininga en Sao Paulo.
Nos Estados Unidos, a produción de millo branco en 2004 correspondía ao 3% do total. Aínda que aínda minoritario, o millo branco ten gaño espazo no mercado nos últimos anos, e a área plantada ten reflectido o aumento na demanda. Un dos motivos é que o mercado recoñece que aínda non existen variedades tranxénicas de millo branco, o que automaticamente aumenta o seu valor de mercado.
[editar] Millo transxénico
A variedade transxénica máis coñecida é desenvolvida pola Monsanto, e é coñecida como RR GA21 (tolerante ao herbicida glifosato). Esta variedade é utilizada extensivamente nos Estados Unidos.
Outras empresas que tamén realizan millo trasxénico inclúen a Syngenta e a DuPont. En 1999, a Novartis foi a primeira empresa en recibir autorización do goberno brasileiro para realizar probas no país co millo transxénico BT, resistente a insectos.
Segundo os produtores de sementes, o millo transxénico trae un aumento medio do 8% na produtividade. Nos EUA, máis de 70% do millo plantado é transxénico. A produción de variedades transxénicas na Arxentina e no Brasil é crecente, aínda que nin sempre a práctica do cultivo desas variedades sexa legal.
Hai tamén relatos de millo transxénico en Honduras (terra de orixe do millo), onde variedades transxénicas "contaminaron" as variedades locais. No México, o millo transxénico tamén enfrenta seria oposición gobernamental: en 1998, foi prohibida a experimentación, o cultivo e a importación de millo transxénico.
O millo é un exemplo da manipulación de especies polo ser humano, sendo utilizado tanto polos defensores canto polos opositores dos transxénicos. O millo cultivado polos indios mal lembra o millo actual: as espigas eran pequenas, faltando cheas de grans, e boa parte da produción era perdida por doenzas e pragas. A través do melloramento xenético, o millo atinxiu a súa forma actual.
Os defensores dos transxénicos utilizan este exemplo para dicir que a manipulación das características xenéticas de vexetais non é novidade, e xa foi feita anteriormente, con moito menos control do que actualmente. Os opositores dos transxénicos utilizan o mesmo exemplo para defender que hai alternativas para a manipulación directa dos xens de especies vexetais, técnica á cal se opoñen.
Non sempre as remesas de millo importado dos Estados Unidos chegan aos países da América Latina sen etiqueta indicando iso aos consumidores. A pesar diso, pesquisas mexicanas indican que a contaminación do millo nativo pode ter sido causada pola polinización accidental, que talvez teña ocorrido tamén noutros países. Así ten acontecido mesmo en Europa, pois o pole do millo transxénico é transportado a grandes distancias polo vento.
En relatorio recentemente divulgado, notificouse que determinado tipo de millo transxénico (o MON 863) causou problemas en ratos (alteracións no sangue e riles).
[editar] Nomes vernáculos
- Catalán: Blat d'indi, blat de moro, moresc, panís, millot, mainzo;
- Español: Maíz, Boroña, Danza, Mijo, Millo, Panizo, Zara, Choclo, Mazorca, Jojoto;
- Éuscaro: Arto, mileka, panizu;
- Francés: Maïs, blé d'Inde, gaude;
- Galego: Millo, maínzo, milleiro, millo miúdo;
- Portugués: Milhão, milho, milho de Turquía, milho-grosso, milho-maês, milhao, milho-miúdo;
- Guaraní: Abatí;
- Quechua: Sara;
[editar] Na literatura galega
A importancia que rapidamente adquiriu o seu cultivo e uso alimentario levárono a un espallamento social só comparable ao da pataca. Un síntoma da súa omnipresenza é o famoso poema que lle dá título ao poema Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro, onde se laia da paisaxe que vai deixar atrás por ir á emigración, paisaxe onde aparece o millo:
Adiós, ríos; adiós fontes: (Fragmento de "Adiós ríos, adiós fontes", |
[editar] Ligazóns externas
- ITIS 42268 2002-09-22
- Sorting Zea names
- Millo de Guatemala
- EMBRAPA Millo e Sorgo
- Documento da Monsanto España sobre o millo transxénico (arquivo .pdf, en portugués)
- Páxina de Greenpeace sobre denuncia de plantío de millo transxénico en México -en portugués-
- Páxina sobre millo da Singenta -Portugal-, sobre cultivo de millo en Portugal
- Páxina de culinaria de terra, con receitas de pratos feitos con millo, en portugués