Baiona, Baiona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Fóra de Baiona é unha parroquia do concello de Baiona.
- Ten 5 entidades de poboación, 1 lugar e 4.624 veciños (2003)
- As súas entidades de poboación son as seguintes: Baiona (2.747), Covaterreña (673), Loureiral (737), Percibilleira (357) e San Antón (110).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades): A Anunciada.
- Monumentos:
O monumento máis destacado é a Fortaleza de Monterreal. A súa muralla foi construída no 1337 aparentemente por orde de Afonso XI de Castela e León debido ás súas desavinzas con Afonso IV de Portugal, aínda que semella que o castelo existía xa no século X. Tamén destacan os restos da Carabela Pinta que chegou de América o 1 de marzo de 1493 capitaneada por Martín Alonso Pinzón.
Lugares da parroquia de Baiona no concello de Baiona na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Baiona | Covaterreña | Loureiral | Percibilleira | San Antón |