América
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
América, as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se extende no Hemisferio Occidental desde o Oceáno Ártico polo norte até case o Océano Antártico polo sur, e está entre o Océano Pacífico ao oeste, e o Océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.
Ás veces, e de forma incorrecta, chámase con este nome aos Estados Unidos de América.
Índice |
[editar] Xeografía física
Hai moitas semellanzas xerais entre os dous subcontinentes de América. Ambos os dous teñen montañas moi altas nas súas rexións occidentais e montañas máis pequenass no leste. Ademais, estas montañas occidentais e orientais están separadas por grandes extensións de terra chá. Os extremos de América no norte e no sur son ambos os dous máis fríos, e a terra no centro é máis quente e tropical. Tamén, cada continente ten un río importante, máis grande que todos os outros: o río Amazonas en Sudamérica, e o río Mississippi en América do Norte.
[editar] Etnografía
A poboación americana está constituida polos descendentes de 3 grandes grupos étnicos e a súa mestura: amerindios e esquimós (que constituíron os habitantes autóctonos de América); europeos (de orixe británica, española, francesa, portuguesa, alemá, italiana e holandesa sobre todo), e africanos negros descendentes de escravos. Hai tamén outros emigrantes máis recentes, como os árabes de Oriente Medio e os chineses e xaponeses.
[editar] Idiomas
Fálanse varios idiomas europeos e indíxenas en América. O idioma máis falado en América é o español, falado como lingua nativa por máis de 350 millóns de persoas en moitas nacións, rexións, illas e comunidades ao longo do continente.
Outros idiomas importantes son:
(enumerado por número de falantes)
- Inglés - 300-325 millóns de falantes nos EEUU, Güiana, Illas Malvinas, a maioría de Canadá, e varias illas no Mar Caribe.
- Francés - Aproximadamente 10-15 millóns de falantes en Haití, Güiana Francesa, partes de Canadá, San Pedro e Miquelón, e varias illas francesas no Mar Caribe.
- Quechua - Falado por moita xente indíxena, 10-13 millóns, nos Andes, especialmente en Bolivia, Perú e Ecuador.
- Guaraní - Aproximadamente 6 millóns de falantes no centro de Sudamérica, predominantemente en Paraguai.
En menor medida, tamén se falan:
- Aymará - lingua indíxena falada nos Andes, especialmente en Bolivia.
- Quiché - lingua indíxena falada en Guatemala e o sur de México.
- Náhuatl - lingua indíxena falada no centro de México por 1,5 millóns de persoas
- Neerlandés - falado nas Antillas Neerlandesas, Aruba e Surinam
- Mapudungun (ou mapuche) - lingua indíxena falada por aproximadamente 440 mil persoas en Chile e Arxentina.
Coa inmigración, hai moitas comunidades onde se falan outros idiomas de todas as partes do mundo, especialmente nos Estados Unidos e Canadá, dous destinos importantes para os inmigrantes.
O total de idiomas de América sobrepasa a centena.
[editar] Historia
Segundo a teoría máis aceptada actualmente, os amerindios descenden de grupos de cazadores-colleitadores de orixe siberiana que migraron a América polo estreito de Bering durante a última glaciación. A súa situación de aillamento físico durante milenios respecto ás sociedades do Vello Mundo, permitiu o desenvolvemetno de sociedades autónomas e moi orixinais, como os maias, os aztecas e os incas.
A partir de finais do século XV, produciuse a conquista europea do continente.
[editar] Xeografía política
Como resultado deste devir histórico, América conta actualmente cos seguintes países e dependencias:
[editar] América do Norte
[editar] América Central
-
- Belice
- Costa Rica
- O Salvador
- Guatemala
- Honduras
- Nicaragua
- Panamá
- Antiga e Barbuda
- Aruba (Países Baixos)
- Bahamas
- Barbados
- Cuba
- Dominica
- Granada
- Guadalupe
- Haití
- Xamaica
- Martinica (Francia)
- Porto Rico (EEUU)
- República Dominicana
- San Cristobo e Nevis
- San Vicente e Granadinas
- Santa Lucía
- Trinidade e Tobago
- Antillas Holandesas (Países Baixos)
- Illas Caimán (Reino Unido)
- Illas Virxes Americanas (EEUU)
- Illas Virxes Británicas (Reino Unido)
[editar] América do Sur
[editar] Ver tamén
África |
Antártida |
Asia |
América |
Europa |
Oceanía |
Supercontinentes xeolóxicos Gondwana • Laurasia • Panxea • Pannotia • Rodinia • Columbia • Kenorland • Ur • Vaalbara |
|||||
Continentes míticos ou teóricos Atlántida • Lemuria • Mu • Terra Australis |