User talk:Banjo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Mensaxes benvida
Benvido á Galipedia Banjo: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:28, 27 novembro 2006 (UTC)
- Ola de novo. Non te preocupes polos erros, ninguén naceu aprendido. Ó inicio, cando hai un usuario novo, tendemos a revisar as súas contribucións, ata que xa está suficientemente experimentado. Non entendas o que che poidamos dicir como críticas: ningún de nós naceu aprendido. Os erros que poidas cometer son solucionables, en cambio, probablemente, como pasa con case todos nós, as túas contribucións son insubstituíbles.
- Fun corrixindo algúns erros de lingua dos artigos que creaches ou nos cales colaboraches. Se desexas ver as túas contribucións, telas aquí. Accedendo a elas e premendo na pestana "historial" podes comparar as diferentes versións do arquivo e ver os cambios que eu realicei.
- Así e todo, non entendas as miñas palabras como censura, todo o que fagas será benvido. Calquera dúbida, ou o que sexa, xa sabes... estou por aquí a diario. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:27, 28 novembro 2006 (UTC)
-
-
-
- Por certo, se accedes á mellorbase de datos de vocabulario galego (http://www.realacademiagalega.org/volga/) verás que se recomeda o uso de "dedicar" no canto de "adicar" --Lmbuga Commons - Galipedia 00:40, 28 novembro 2006 (UTC)
-
-
[editar] 20.000 artigos
Ola Banjo. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:34, 6 decembro 2006 (UTC)
[editar] Benvida
Xa pasaron algúns días desde que te incorporaches á Galipedia e tiña pendente darche a benvida. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:23, 18 decembro 2006 (UTC)
[editar] Auga destilada
Ola Banjo. Estou traducindo o texto da imaxe do artigo da auga destilada co Photoshop. Se te parece ben subo a imaxe co texto traducido. Un saúdo. --Beninho 19:06, 31 xaneiro 2007 (UTC)
- Adiantáchete jeje. Estaba a colocar a imaxe cando ti o fixeche. Pois iso, xa non fai falla que te diga que xa estaba. E gazas polo teu ofrecemento, pero creo que agora mesmo non preciso moita axuda, pero talvez para a semana si, xa te avisarei. --Beninho 19:21, 31 xaneiro 2007 (UTC)
[editar] Sinatura
Grazas a ti pola contribución que estás facendo á Galipedia. Podes facer a sinatura engadindo información á casiña O seu alcume nas preferencias do seguinte xeito: [[User:Banjo|]] [[User talk:Banjo|(falar)]] (tes que marcar a opción Sinatura tal como está, sen enlace automático (raw signature)). Outra posibilidade é crear unha subpáxina dentro do teu espazo de usuario e chamala desde o campo o seu alcume: User:Banjo/sinatura e poñer na subpáxina o código (tes un exemplo na sinatura de Slade User:Slade/Sinatura) . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:48, 15 febreiro 2007 (UTC)
[editar] Gracias
Gracias polo recibimento xD --Jarlaxle 19:27, 28 febreiro 2007 (UTC)
- Boas! Permitinme facer un cambio na template de software operativo que fixeches. Troquei desenrolador por desenvolvedor, xa que só se desenrola o que se enrola. Por certo, parabéns polo gran traballo que estás a facer. Saúdos.--AlberteSi, digame? 17:28, 3 marzo 2007 (UTC)
- Graciñas por poñerte co da clasificación de niveis e lingua da Wikipedia:Babel, facíalle falta unha revisión!! (E así en baixiño por se me escoita alguén que me poida tirar das orellas: se inda por riba de ter unha mellor clasificación de niveis, os cadriños apareceran en coriñas seghundo o nivel, como no inglés, por exemplo, xa sería... PFFFUÁA!!! O remate dos tomates, hehehe... XDD) Un saúdo. Skulda 5 de marzo 2007
[editar] Re: Templates de arte
[editar] Hamlet
Está ben categorizado en rock. Deberíamos facer máis categorías de xéneros, pero o problema é que hoxe en día hai centos deles e sería un pouco caótico. De todas formas a ver se lle boto un ollo ás bandas e fago algunha categoría máis. Un saúdo. --Beninho 12:42, 7 marzo 2007 (UTC)
[editar] IES Pazo da Mercé
Ola, os alumnos do noso centro están a traballar nos diferentes tipos de drogas. É a primeira vez que empregan a Galipedia como redactores e polo tanto é normal que cometan moitos erros, espero que nos disculpedes´. Todos os estes artigos están relacionados cos distintos tipos de drogas e van ir mellorando o longo das dúas semanas seguintes, pero de momento so son esbozos faltos de moito melloreo. Graciñas por categoriazar "droga", e por corrixir os erros que atopes nos nosos artigos.--IES Pazo da Mercé 13:18, 7 marzo 2007 (UTC)
[editar] Moitas grazas
Veño seguindo o teu traballo de mantemento e é abraiante. Moitas grazas polas tuas contribucións. Alédome de que esteas connosco e de que teñas axudado tanto a que este proxecto saia adiante, unha colaboración especialmente importante cando algúns de nós andamos por aquí un pouco menos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:05, 7 marzo 2007 (UTC)
- Queremos unirnos a esta felicitación, e darte mil grazas por ternos creado o artigo de desambiguación sobre Prodemar (o nome desa páxina, soplóunolo a profe), e meterémonos co artigo sobre a piscifactoría en breve. Saúdos. Os don sam cañóns, 8 marzo 2007
[editar] Banjo, ti te-lo teo
Grazas, Banjo, pola corrección e disculpa o traballo que che poidamos dar os novatos atrevidos que andamos por aquí. Tomo nota do que dis para próximas contribucións. Pedro --Lameiro 15:14, 18 marzo 2007 (UTC)
[editar] Teo (enfermidade)
Ben. Xa está feito o artigo do teo como enfermidade das ovellas, pero necesito que me botes outra man porque a clasificación taxonómica da tenia non sae. Copiei o "taxobox" de tenia na wikipedia, pero non se ve e non vexo o posible erro. A ver se ti o consegues facer bo. Saúdos. Pedro --Lameiro 23:49, 18 marzo 2007 (UTC)
[editar] Isaac Díaz Pardo
As túas mensaxes son sempre benvidas, gústame moito o traballo que estás facendo. Con respecto á pregunta dicir que o criterio que seguimos é que se un usuario anónimo (tamén rexistrado) só inclúe ligazóns nos artigos, por regra xeral, sempre que o detectamos desfacemos a edición. Neses casos interpretamos que a edición non se fai para mellorar o wiki senón para promocionar lugares, persoas, ideas, etc... Neste caso particular as ligazóns semellan explicar a situación actual de Isaac Díaz Pardo e son admisibles as dúas posibilidades: quitalas ou deixalas. Pero a cuestión principal é se debemos por ou non un enderezo de correo, nas caixas de información dos concellos poñemos enderezos de correo electrónico pero o caso é diferente, non se refiren a persoas en particular. Por cuestións de intimidade non debemos publicar enderezos de correo personais, aínda que neste caso parece que ese correo é o da campaña de apoio e non o correo personal. De todos os xeitos é preferible retiralo xa que aí entra o tema do punto de vista neutral. Cambiando de tema, un apunte referido ás categorías (Películas por país e Películas de Estados Unidos), cando unha rama está en debate a creación das categorías depende da esquema proposto na páxina de debate para conseguir unidade. Por certo, parabéns polo gran coñecemento que acadaches da Galipedia nun tempo relativamente curto. Xa sabes sempre que queiras deixame unha mensaxe e en canto poida responderei. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:57, 20 marzo 2007 (UTC)
- Sobre as categorías non fixeches mal, é sinxelo de solucionar (se hai que mudalo). O importante é que o wiki vaia mellorando, non que as cousas sexan tan estrictas que non deixen marxe para continuar avanzando. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:48, 20 marzo 2007 (UTC)
[editar] Alumnos do IES Pazo da Mercé
Olá Banjo, grazas polas túas aportacións ás páxinas que estamos a facer. Agora temos un grupo de alumnas e alumnos que traballan en cuestións medioambientais. Eles constrúen as páxinas e logo os profes as revisamos. A meirande parte deles empezaron hoxe por primeira vez na Galipedia, así que seguro que terán erros Están traballando con artigos como "tornado", "gota fría", "sucesión ecolóxica", "coadas de barro", etc. Sempre temos algúns problemas ou dúbidas con respecto a categorización dos artigos, se podes botalle unha ollada, e agradeceremoscho infindo. Un saúdo.--IES Pazo da Mercé Aquí estamos 16:05, 27 marzo 2007 (UTC)
[editar] Re: categorías de efemérides
Non é ningunha amoladela. O formato que se decidiu para os anos é co signo -, iso implica que as categorías tamén deben ir co signo - aínda que non se apareza explicitamente en ningún debate. Polo tanto os artigos clasificados como adC deben moverse a século -, seguindo o mesmo criterio que usou Xosé cos séculos -I e -II. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:03, 28 marzo 2007 (UTC)
[editar] Guezos, a wikificación e os ligazóns internos
Moitas gracias por me advertir, e dime se xa chegan os ligazóns, e cales serían, ao teu xuizo, as próximos pasos a dar.
Se queres, accede directamente dende aquí á páxina: Guezos
Unha aperta.
--Forza4 01:41, 29 marzo 2007 (UTC)
[editar] Re: User:Banjo/Template:Sen Imaxe
Semella boa idea como un modelo temporal (que este como máximo 15 días na páxina) que non interfira co artigo. Quizais haxa que facer categorías ao estilo deste modelo Commons:Template:No_source_since/en que clasifica por data o momento no que se puxo o modelo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:13, 1 abril 2007 (UTC)
[editar] Escudo
Ola compañeiro, tomeime a licenza da cambiarche o escudo de As Pontes de García Rodríguez, xa que o anterior estaba bastante machacado. Bótalle unha ollada e dime que che parece, de paso, vexo que algúnha foto dos lugar está un pouco escura, se ves que tal podo clarexa-las un pouco. Saúdos --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:34, 9 abril 2007 (UTC)
- Xa lle fixen unha corrección de color a unha delas e amplieina un pouco de tamaño, tran presto poida voulle dando cepillo a algunha máis. Ahh, por certo, coido que a bandeira tamén xa está arranxada. Un saúdo e dalle caña!!!!! --Xelo2004
(Se non estás dacordo, dimo) 00:19, 10 abril 2007 (UTC)