Baralla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Baralla | |
---|---|
![]() |
|
Situación | |
Xentilicio 1: | Barallense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Lugo |
Comarca: | Ancares |
Área: | 141,2 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | Baralla |
Latitude e lonxitude: | 42º53´2 Norte 7º 17´7 Oeste |
Altitude máxima: | 940 m. |
Altitude mínima: | 480 m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2005) | |
Poboación: | 3.100 hab. |
Densidade: | {{{densidade}}} hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 7 (1.459 votos - 59,31 %) BNG 2 (469 votos - 19,07 %) PSdeG-PSOE 2 (516 votos - 20,98 %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | Manuel Jesús González Capón (PPdeG) |
Eleccións municipais en: 'Baralla' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 3.068 - 100 % |
Votantes: | 2.469 - 80,48 % |
Abstencións: | 599 - 19,52 % |
Votos en branco: | 16 - 0,65 % |
Votos nulos: | 9 - 0,36 % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | 27.680 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | http://www.concellodebaralla.org |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Baralla é un concello da Provincia de Lugo en Galicia pertencente á Comarca dos Ancares.
Poboación en 2005: 3.100 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (3.100 en 2005).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Barallense
Evolución da poboación de: Baralla - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
5.955 | 6.345 | 7.198 | 4.484 | 3.193 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Índice |
[editar] Xeografía
O concello recibe o nome da súa capital, que se sitúa na N-VI, eixo vertebrador das comunicacións no concello. Baralla sitúase no extremo oriental da Meseta Lucense e fai de transición coas Serras Orientais, pasando dos 600 metros de altitude aos 900. Os lugares máis altos atópanse na Serra de Picato (844 m.), Serra do Galo (754 m.), Rañadoiro (901 m.), Penas da Cabra (943) e Serra da Lagoa (759 m.). O río Neira é a vía fluvial máis importante.
A temperatura media anual é de 10°C, oscilando entre os 5°C do inverno e os 20°C do verán. Recibe precipitacións abondosas, con frecuencia en forma de neve.
[editar] Economía
O 60% da poboación dedícase ao sector primario, ocupándose en explotacións mixtas con gandería, aproveitamento forestal e agricultura. Destaca a gandería, especialmente de vacas de carne e leite, ademáis dos porcos, ovellas e cabras. Hai algúns aserradeiros e algo de construción. A poboación está envellecida e nótase a proximidade de Lugo.
[editar] Historia
Da época castrexa fican os castros de Lebruxo, Berselos e o de Santa Cruz (Sobrado de Picato).
[editar] Toponimia
A denominación do termo municipal pasou por diversas vicisitudes, desde a primitiva configuración en dous concellos distintos, "Neira de Rei" e "Neira de Jusá", o período 1840-1975 en que xa unificado tivo o nome oficial de "Neira de Jusá" (NEIRA DE XUSÁ), ata a denominación actual, froito dun acordo da corporación do ano 1974 na que se fixa como nome do concello o da súa capital: Baralla.
A capital do municipio, na vila de Baralla, leva un nome do que Menéndez Pidal di que vén do latín vara , varale, varal e varalia seto de traveseiros, o significado toponímico é comparabel o de Cerca, Cercado, Vallada, Valladares. En 1125 figura in valle de Pineira, ripa de Neira, villa que vocitant Baralia ... in ripa de Neira, villa vocitata Baralia.
[editar] Lugares de Baralla
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baralla vexa: Lugares de Baralla.
[editar] Parroquias de Baralla
O Concello de Baralla seguindo o nomenclátor manexado polo Instituto Galego de Estatística IGE, está formado por 30 entidades colectivas de poboación ou parroquias.
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||