Costantín, Baralla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Costantín é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 119 habitantes (60 mulleres e 59 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.
Constantín debe o seu nome ó río que o baña, pequeno regato que circula entre prados e brañas así como fentos e demais vexetación típica dos bosques de castiñeiros. Preto do centro da aldea atópanse dous castiñeiros que contan con máis dun século de idade.
Pódense ver aguias sobrevoando os prados e bosques maioritariamente formados por castiñeiros e carballos que dan acobillo a multitude de pequenos animais coma esquíos, ratos de campo, e outros. A dous quilómetros da aldea tense visto corzos en zonas húmidas con charcos que actúan coma abrevadeiros en épocas de calor.
Lugares da parroquia de Costantín no concello de Baralla (provincia de Lugo) | |
---|---|
Arandelo | Costantín | Gundián |