Barcelona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Barcelona | |
---|---|
Situación xeográfica | |
País: | España |
Comunidade autónoma: | Catalunya |
Provincia: | provincia de Barcelona |
Xeografía | |
Altitude: | 12 msnm |
Superficie: | 100,4 km² |
Poboación | |
Poboación total: | 1.605.075 hab. (2006) |
Densidade de poboación: | 16.367 hab./km² |
Xentilicio: | Barcelonés/sa |
Información | |
Código postal: | 08.0XX |
Alcalde: | Jordi Hereu (PSC) |
Sitio na web: | www.bcn.es |
Cidade catalá, capital da provincia do mesmo nome e da comunidade autónoma de Cataluña dentro do Estado Español. É o centro industrial máis importante de España xa que foi a primeira cidade en acoller a revolución industrial. Ten un trazado urbanístico moderno feito polo arquitecto Cerdá e acolle obras arquitectónicas de interese mundial.
Índice |
[editar] Emprazamento xeográfico
Situada na costa do mar Mediterráneo, entre as desembocaduras dos ríos Llobregat e Besòs, limita ó notre co rio Besòs e os concellos de Santa Coloma de Gramenet e Sant Adrià de Besòs; ó sur coa Zona Franca, Hospitalet de Llobregat e Esplugues de Llobregat; ó leste co mar; e ó oeste coa Montcada i Reixac e Sant Cugat del Vallès.
O territorio da cidade amosa tres zonas bem diferenciadas: a serra da Collserola (coa cima do Tibidabo coma punto máis alto de 512 metros), os deltas dos ríos Besòs e Llobregat que xuntamente co litoral do mar marcan os límites da cidade. Algunhas partes que están perto da serra están tamén poboadas e urbanizadas: O Carmel (267 m.), Monterols (121 m.), O Putget (181 m.), A Rovira (261 m.) e A Perita (133 m.).
[editar] Historia
Disque os cartaxineses fundaron a cidade baixo o nome de Barcino e anos máis tarde chegaron os romanos quen fixeron da cidade unha fortificación militar. Hoxe pódense ver aínda os restos do muro romano e no Museu d'Historia de la Ciutat pode visitarse o subterráneo para ver os restos arqueolóxicos da cidade romana.
Séculos máis tarde foi ocupada polos visigodos chegados do centro de Europa, no século VIII foi invadida polos árabes e no 801 foi tomada polos carolingios incorporándoa á Marca Hispánica. No século XI establecuese o estado feudal de Catalunya chegando a ser nos vindeiros séculos unha potencia mediterránea.
Pero no século XIV entrou nun período de decadencia, as tensións dinásticas con Castela, e as guerras Dels Segadors e de Suceción remataron por facer que desapareceran as institucións propias de Catalunya.
A cidade experimentou unha mellora no século XVIII e grazas á industrialiación no XIX Barcelona tornouse outra vez nun destacado centro político, cultural e económico. Situouse no bando republicano durante a guerra civil española ata que as tropas franquistas do exército de Navarra e marroquís comandadas por Eliseo Álvarez Arenas tomaron a cidade o 26 de xaneiro de 1939.
A partires dos anos 70 volveu a desenvolver un cambio cultural e urbanístico facendo dela unha cidade aberta e atractiva a todo o mundo. O seu atractivo arquitectónico e algúns eventos de caracter internacional coma os Xogos Olímpicos no 92 ou o Foro das Culturas no 2004 convertena nunha cidade cosmopolita e sempre aberta ás novas tendencias.
[editar] Economía
Barcelona foi históricamente e é unha cidade moi afín a industria. Foi a primeira cidade en España en acoller a revolución Industrial e aínda que tivo algunhas crises económicas é todavía hoxe o maior centro industrial do país.
O porto de Barcelona convertíuse nos pasados anos no máis importante do Mediterráneo en tonelaxe de mercancías e contenedores. Tamén é o primeiro porto mediterraneo en número de cruceiros que fan escala na cidade. No 2007 vai ser conectada coa alta velocidade ferroviaria con Madrid, e nos vindeiros anos unirase coa fronteira francesa.
Centro cultural, económico e político, Barcelona segue a ser un referente non só dentro de España senon tamén no conxunto da Unión Europea.
[editar] Districtos e barrios
Barcelona está dividida en dez districtos:
- Ciutat Vella: o Raval, o barrio Gótico, a Ribera e a Barceloneta.
- O'Eixample: Sant Antoni, Esquerda do Eixample, Dereita do Eixample, a Sagrada Familia, Fort Pienc.
- Sants - Montjuïc: Can Tunis, Montjuïc, Hostafrancs, Sants, Poble Sec, a Zona Franca, a Font de la Guatlla.
- Les Corts: les Corts, Pedralbes.
- Sarrià - Sant Gervasi: Sarrià, Galvany, Sant Gervasi de Cassoles, El Putget, a Bonanova, Vallvidrera.
- Gràcia: Vallcarca, la Salut, Gràcia, o Camp d'en Grassot.
- Horta-Guinardó: Horta, o Carmel, a Teixonera, o Guinardó, a Vall d'Hebron
- Nou Barris: a Trinitat Vella, a Trinitat Nova.
- Sant Andreu: o Congrés, Sant Andreu de Palomar.
- Sant Martí: Sant Martí de Provençals, o Clot, o Camp de l'Arpa, o Poble Nou, a Verneda, a Ciutadella, Nova Icària, Diagonal Mar
[editar] Lugares de interese
[editar] Barrio antigo
O Barrio Antigo da Barcelona ten algunhas das obras da xuventude do arquitecto Antonio Gaudí como o Palau Güell ou as farolas da Plaza Real. O edificio modernista máis emblemático do Barrio Antigo é, sen ningunha dúbida, o Palacio da Música Catalana obra do arquitecto Lluís Domènech i Montaner, construido no ano 1908
[editar] Montjuïc
A montaña de Montjuïc, hoxe convertida toda ela nun parque urbán, emplázase sobre o porto presidida pola fortaleza do mesmo nome (Castell de Montjuïc) e contén diversos xardíns temáticos e singulares: Mossèn Costa i Llobera (cactus), Joan Maragall (bulbacias), Joan Brossa (antigo parque de atraccións), Laribal (á volta da Fonte do Gato). Instalacións deportivas como o Estadio Olímpico de Montjuïc sé central dos Xogos olímpicos de Barcelona 1992, logo acompañado co Estadio Lluís Companys, tamén alí co Palacio de Sant Jordi e as Piscinas Bernat Picornell.
Tamén contan con importantes equipamentos culturais: Museo Nacional de Arte de Cataluña, Fundación Joan Miró, CaixaFórum, Museu Militar, e a Cidade do Teatro (xa ao límite co barrio do Poble Sec).
[editar] Ciutadella
O parque da Ciutdadella foi feito no ano 1888 e celebrou a Exposición Universal de 1888. Daquela época conséravnse o Arco de Triunfo de Barcelona (antiga entrada ao recinto ferial) eo actual Museo de Zooloxía, onde había o café-restaurante.
[editar] Porto Olímpico
Construido co motivo dos Xogos Olímpicos do 1992, convertiuse nun espazo lúdico con restaurantes, bares de moda e discotecas.
- Hotel Arts
- Torre Mapfre
- Casino de Barcelona
- Maremàgnum
[editar] O Eixample
O Eixample é o districto da cidade onde se atopan a maior parte dos edificios de estilo modernista. Non é estrano atoparte, ao pasear polas súas rúas, unha fachada, un comercio ou un vertíbulo con sorprendentes ornamentos florais, ferro forxado, esculturas ou farolas.
A Sagrada Familia, obra non rematada de Antoni Gaudí, sitúase no Eixample.
[editar] Paseo de Gràcia
No paseo de Gràcia atópanse obras dos tres principais arquitectos cataláns:
- A Casa Ametller de Josep Puig i Cadafalch.
- A Casa Batlló de Antoni Gaudí
- A Casa Lleó Morera de Lluís Domènech i Montaner.
- E a máis coñecida, a Casa Milá de Antoni Gaudí, nomeada popularmente "A Pedrera".
[editar] O Parque Güell
O Parque Güell foi un encargo do Conde Güel a Antoni Gaudí. Neste parque (declarado Patrimonio da Humanidade no ano 1984) a natureza e a arquitectura se compoñen e se complementan.