Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Unión Europea - Wikipedia

Unión Europea

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unión Europea

lema¹
In varietate concordia (Latín)
Unidade na diversidade (Portugués)
United in diversity (Inglés)
In Vielfalt geeint (Alemán)
Jednotnost v různorodosti (Checo)
Forenet i mangfoldighed (Dinamarqués)
Jednota v rozdielnosti (Eslovaco)
Združeni v raznolikosti (Esloveno)
Unidos en la diversidad (Español)
Ühtsus erinevuses (Estoniano)
Erilaisuudessaan yhdistynyt (Finlandes)
Unie dans la diversité (Frances)
Ενότητα στην πολυµορφία (Grego)
Eenheid in verscheidenheid (Holandés)
Egység a sokféleségben (Húngaro)
Aontaithe in ilíocht (Irlandés)
Uniti nella diversità (Italiano)
Vienotība dažādībā (Letón)
Vienybė įvairialypiškume (Lituano)
Maghqudin fid-diversità (Maltés)
Jedność w różnorodności (Polaco)
Förenat i mångfalden (Sueco)

Linguas oficiais²
vexa Linguas da Unión Europea

Česky (Checo),
Dansk (Dinamarquês),
Deutsch (Alemán),
Eesti (Estoniana),
Ελληνική (Grego),
English (Inglés),
Español (Español),
Français (Francés),
Italiano (Italiano),
Latviešu (Letón),
Lietuvių (Lituano),
Magyar (Húngaro),
Malti (Maltés),
Nederlands (Holandés),
Polski (Polaco),
Português (Portugués),
Slovenčina (Eslovaco),
Slovenščina (Esloveno),
Suomi (Finlandés),
Svenska (Sueco)

Capital Bruxelas
Presidente do Consello Europeo Austria (Chanceler: Wolfgang Schüssel)

(ata 30 de xuño de 2006)

Presidente da Comisión Europea Durão Barroso (dende 1 de novembro de 2004)
Presidente do Parlamento Europeo Josep Borrell
Área
 - Total
 - % auga
8º maior³
3,191,100 km²
Poboación


 - Total (2003)
 - Densidade

3º mais populoso³


378 560 000
117,5 h/km²

PIB (base PPP)
 - Total (2002)
 - PIB per capita

1º máis rico³


8,447 billóns de Euros
22,310 Euro

Formación


 - Declarada
 - Recoñecida

Tratado de Maastricht


7 de Febreiro de 1992
1 de Novembro de 1993

Moeda Euro (EUR)4
Fuso horario 0 a +2
EU Hino Hino da Alegría
TLD (Internet) .EU.INT, .EU5;
Código telefónico Nas zonas 3 e 4

(1) Non oficial, este é o lema proposto na constitución, vexa Lema Europeo.

(2) Linguas oficiais da Unión, non na Unión. Os Estados membros definen as líguas oficiais nos seus respectivos territorios. Algúns territorios teñen linguas oficiais que non son linguas oficiais da Unión como é o caso do Catalán, o Galego e o Basco en España.

(3) Si a Unión Europea fora considerada coma un só país

(4) O Euro é a moeda da Unión e de todos os países membros, agás de Dinamarca (DKK), de Suecia (SEK) e do Reino Unido (GBP) e dos dez países que se aderiron á Unión Europea en 2004.

(5) O TLD .eu foi aprobado por ICANN e pola UE, mais aínda non está activo. Empréganse os TLD nacionais de cada país.

A Unión Europea é unha organización internacional constituída actualmente por 27 Estados-Membros, estabelecida con este nome polo Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht) en 1992, mais moitos aspectos desta unión xa levan existindo dende a década de 1950. A Unión ten sedes en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo.

A Unión Europea ten moitas actividades, as máis importantes sendo o mercado único europeo (ou sexa unha unión aduaneira), unha moeda única (adoptada por 12 dos 25 Estados membros), unha política agrícola, de pesca, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordenación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación, con programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores:

Onde Bélxica, Holanda e Luxemburgo tiñan xa previamente establecido un acordo formando o chamado Benelux.

Depois disto, a UE levou a cabo seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 España e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia, o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía.

En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Nembargantes, nas dúas ocasións a través de referendos, a poboación noruega rexeitou a adhesión do seu país.

Croacia e Turquía son candidatos a adhesión a UE. As negociacións con Turquía e Croacia aínda non se iniciaron formalmente e por tanto aínda non hai unha data de adhesión definida.

Índice

[editar] Historia

O século XX foi traxicamente marcado pola ascensión e posteriormente pola queda das ideoloxías totalitarias. Nas vésperas do terceiro milenio, a unión voluntaria dos pobos europeos continua a ser o único gran esforzo colectivo inspirado por un ideal que consiste en superar os conflictos do pasado e en preparar o futuro conxuntamente. Afírmase actualmente como a única resposta credíbel ante os riscos e as oportunidades criados pola globalización crecente da economía mundial.

Como calquer historia, a da Unión Europea tivo os seus momentos fortes e as súas datas simbólicas. Sete delas merecen ser lembradas, xa que contribuíron á construcción da Europa na que vivimos e son igualmente esenciais para o futuro do noso continente.

[editar] 9 de maio de 1950: naceu Europa

Robert Schuman
Robert Schuman

Na Primavera de 1950, Europa atópase á beira do abismo. A Guerra Fría fai pesar a ameaza dun conflicto entre as partes do Este e Oeste do continente. Cinco anos despois do termo da Segunda Guerra Mundial, os antigos adversarios de ambas beiras están lonxe da reconciliación.

¿Como evitar repetir os erros do pasado e criar condicións para unha paz duradeira entre inimigos tan recentes? O problema troncal era a relación entre Francia e Alemaña. É preciso criar unha relación forte entre estes dous países e reunir no seu torno todos os países libres de Europa a fin de construir conxuntamente unha comunidade cun destino común. Mais ¿cando e como comezar? Jean Monnet, cunha experiencia única en canto negociador e constructor da paz, propón ao Ministro de Asuntos Exteriores francés, Robert Schuman, e ao Chanceler alemán Konrad Adenauer criar unha interese común entre os seus países: a xestión, sobre o control de unha autoridade independente, do mercado do carbón e do aceiro. A proposta é formulada oficialmente o [[9 de maio] de 1950 por Francia e fervorosamente acollida por Alemaña, Italia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo.

O Tratado que constituiu a primeira Comunidade Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aeiro (CECA), será asinado en abril de 1951, abrindo as portas das realizacións concretas a Europa. Seguiron outras realizacións, ata chegar á Unión Europea actual, que está abríndose ao este do continente, do que estivo demasiado tempo separada.

[editar] 25 de marzo de 1957: a Comunidade Económica Europea

Sinatura do tratado de Roma
Sinatura do tratado de Roma

O plan Schuman tiña dado orixe a unha Comunidade especializada en dous dominios decisivos, mais limitados: o carbón e o aceiro. Sobre a presión da Guerra Fría, foran tomadas iniciativas nos dominios da defensa e da unión política, mais a opinión pública non estaba aínda preparada para aceptalas. Os seis Estados-membros da CECA escolleron por tanto unha nova área de integración no dominio económico: a criazón dun mercado único.

O Tratado de Roma de 25 de marzo de 1957, que institui a Comunidade Económica Europea (CEE), crea instrucións e mecanismos de toma de decisión que permiten dar expresión tanto aos intereses nacionais como a unha visión comunitaria. A Comunidade Europea constitui daí en diante o eixo principal en torno do cal vaise organizar a construcción europea.

De 1958 a 1970, a abolición dos direitos aduaneiros ten repercusións espectaculares: o comercio intracomunitario é multiplicado por seis, ao paso que os intercambios comerciais da CEE co resto do mundo son multiplicados por tres. No mesmo período, o producto nacional bruto medio da CEE aumenta un 70%. Seguindo o patrón dos grandes mercados continentais, como o dos Estados Unidos da América, os axentes económicos europeos saben tirar proveito da dinamización resultante da abertura das fronteiras. Os consumidores habitúanse a que lles sexa proposta unha gama cada vez máis variada de productos importados. A dimensión europea tórnase unha realidade. En 1986, a sinatura da Acta Única permitirá abolir as outras restriccións, de orde regulamentar e fiscal, que atrasaban aínda a creación dun mercado interno xenuíno, totalmente unificado.

[editar] 20 de xullo de 1963: Iaundé, os indicios dun papel internacional

Cos seus destinos a unirense no continente, os Estados fundadores da Comunidade Europea asinan cas suas antigas colonias africanas, en 1963, unha convención que garante a estas últimas certas ventaxas comerciais e axudas financeiras. A Convención de Lomé, que se seguiu á de Iaundé, aplícase actualmente a 70 países de África, do Caribe e do Pacífico, tornándose a Unión Europea a maior fonte de axuda pública ao desenvolvemento. A cooperación estendeuse igualmente, sobre outras formas, á maior parte dos países de Ásia e de América Latina.

O 28 de novembro de 1995, os 15 países da Unión Europea e 12 países do sur do Mediterráneo estabelecen unha parcela que deberá conducir á criación dunha zona de comercio libre, combinada con acordos de cooperación nos dominios social, cultural e humano.

No século XXI espérase á afirmación da Europa como potencia de paz, dende que a Unión promova a estabilidade e o desenvolvemento nos grandes grupos rexionais que a envolven. Gracias ao papel que desempeña nos intercambios comerciais mundiais e ao seu peso económico, a Unión é xa un participante respeitado nas grandes instancias internacionais, tais como a Organización Mundial de Comercio ou a ONU.

Progresivamente, a Unión apoiase no seu potencial económico para desenvolver a súa influencia política e afirmarse cunha soa voz. O Tratado da Unión Europea, de 1992, fixa o obxectivo e as modalidades dunha Política Externa e de Seguridade Común (PESC), que inclúe, a prazo fixo, a definición dunha política de defensa común. Mais os europeos deberán aínda facer numerosos esforzos para harmonizar a súa diplomacia e a sua política de seguridade. É ese o prezo, que presupón umha vontade política real dos Estados-membros, para que a Unión poda defender os seus intereses e contribuir á creación dun mundo de paz e de xustiza.

[editar] 1 de xaneiro de 1973: primeiro alargamento da Comunidade Europea

A Unión Europea atópase aberta a todos os países europeos que a ela pretenden adherirse e que respeiten os compromisos asumidos nos Tratados da fundación e subscreban os mesmos obxectivos fundamentais. Existen dúas condicións que determinan a aceitación dunha candidatura á adhesión: a localización no continente europeo e a práctica de todos os procedimentos democráticos que caracterizan ó Estado de direito.

Así, Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido adhírense á Comunidade o 1 de xaneiro de 1973. A estas adhesións seguiulle un alargamento ao Sur do continente, durante os anos 80, con Grecia, España e Portugal, tras a súa afirmación democrática. A terceira onda de adhesións, que tivo lugar en 1995, traduce a vontade dos países da Europa escandinava e central de se xuntar a unha Unión que ten vindo a consolidar o seu mercado interno e se afirma como o único pólo de estabilidade no continente, ademais do desagregamento do bloque soviético.

De seis a nove, de doce a quince membros, a Europa comunitaria vai gañando influencia e prestixio. Debe manter un modo de decisión eficaz, capaz de xestionar o interese común en proveito de todos os seus membros, preservando simultáneamente as identidades e as especificidades nacionais e rexionais que constitúen a súa riqueza. O maior desafío para o que se preparan actualmente os europeos consiste en acoller ós xa adheridos países da Europa central, balcánica, mediterránea e báltica. Cómo atopar os recursos necesarios que lles permitan atingir o nivel económico e estructural dos países da UE no máis breve prazo? Cómo adaptar as institucións para que istas podan continuar a cumprir as súas misións en beneficio dunha Unión de máis de 25 Estados-membros? Estas son as misións históricas que agardan no futuro ós Estados da Unión.

[editar] 7-10 de xuño de 1979: primeiras eleccións direitas do Parlamento Europeo por sufraxio universal

O Parlamento Europeo desempeña un papel fundamental no equilibrio institucional da Comunidade: representa os pobos de Europa e caracteriza a natureza democrática do proxecto europeo. Dende a súa creación, dotado de poderes de control do ramo executivo, o Parlamento Europeo dispón igualmente de poder lexislativo, sobre a forma de un direito de ser consultado sobre os principais textos comunitarios, poder que se foi ampliando progresivamente para se transformar nun verdadeiro direito de co-decisión lexislativa. O Parlamento partilla, ademais diso, co Consello da Unión Europea o poder orzamental.

Cómo son designados os deputados europeos? Ata 1979, os membros do Parlamento Europeo eran membros dos parlamentos nacionais, que os nomeaban para representalos en Estrasburgo. A partir de 1979, pasaron a ser eleitos por sufraxio universal direito en cada un dos países da Unión, por mandatos de cinco anos. Os cidadáns escollen así os deputados que terán asento, non en delegacións nacionais, mais en grupos parlamentarios transnacionais, representativos das grandes correntes de pensamento político existentes no continente.

A ambición de crear entre os Estados-membros unha relación especial, que lles permita xestionar os seus intereses e os seus diferendos segundo as mesmas regras de direito e os mesmos procedimentos de arbitraxe que unen ós cidadáns dun Estado democrático, é totalmente revolucionaria na práctica das relacións internacionais. "Nós non ligamos Estados, nós unimos ás persoas", escribía Jean Monnet. De este xeito, as institucións europeas, articulando e conciliando permanentemente os intereses dos cidadáns en canto tais, deben ser fortes e equilibradas. A dialéctica subtil que funciona dende hai preto de cinquenta anos entre o Consello da Unión Europea, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, representa indubitabelmente unha adquisición fundamental da construcción europea, sendo a chave do seu éxito.

[editar] 17 de Febreiro de 1986: sinatura do Acto Único Europeo

O obxectivo do Tratado de Roma de crear un mercado común foi parcialmente realizado nos anos sesenta, gracias á supresión dos direitos aduaneiros internos e das restriccións cantitativas ós tratos comerciais. Mais os autores do Tratado subestimaron todo un conxunto de outros obstáculos ós acordos comerciais, obstáculos sofisticados e camuflados sobre a forma de regulamentacións diversas, que constituían barreiras frecuentemente intranspasabeis.

A Comisión tomou por tanto, unha iniciativa audaz que levou á adopción da Acta Única. Fixou o 1 de xaneiro de 1993 como a data límite para a plena realización do mercado interno e, gracias á ampliación da votación por maioría, propiciou ás institucións europeas os meios para adoptaren as 300 directivas que eran necesarias.

Ó obxectivo do gran mercado interno, a Acta Única asocia estreitamente outro de importancia tan fundamental como o primeiro: o da cohesión económica e social. Europa crea así políticas estruturais en beneficio das rexións con atrasos de desenvolvemento ou que se viron afeitadas por mutacións tecnolóxicas e industriais. Promove igualmente a cooperación en materia de investigación e de desenvolvemento. Por último, toma en consideración a dimensión social do mercado interno: no espírito dos governantes da Unión, o bo funcionamento do mercado interno e unha concorrencia sa entre as empresas son indisociabeis do obxectivo constante que consiste na melloria das condicións de vida e de traballo dos cidadáns europeos.

[editar] 1 de novembro de 1993: a Unión Europea

Ao entrar en vigor, o 1 de novembro de 1993, o Tratado da Unión Europea, asinado o 7 de febreiro de 1992 en Maastrich, confere unha nova dimensión á construcción europea. A Comunidade Europea (o Tratado de Maastricht substituiu ó nome Comunidade Económica Europea), fundamentalmente económica nas súas aspiracións e na súa teoría, pasa a estar integrada na Unión Europea baseada, de agora en diante, en tres pilares.

O pilar comunitario (a Comunidade Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica), rexido polos procedementos institucionais clásicos, fai intervir a Comisión, o Parlamento, o Consello e o Tribunal de Xustiza; toca esencialmente o mercado interno e as políticas comúns.

Os outros dous pilares envolven os Estados-membros en dominios caracterizados ata entón como sendo da competencia exclusivamente nacional: a política externa e de seguridade, por un lado, e os asuntos internos, tais como a política de imigración e de asilo, a policía e a xustiza, por outro. Trátase de un progreso importante, na medida en que os Estados-membros consideran que é do seu interese cooperar máis estreitamente nestes dominios como xeito de afirmar a identidade europea no mundo e de asegurar unha mellor protección dos seus cidadáns contra a criminalidade organizada e o tráfico de drogas.

Mais o que os cidadáns recordarán do Tratado de Maastrich será probabelmente a decisión que terá maior impacto práctico na súa vida cotidiana: a realización da Unión Económica e Monetária. A partir do 1 de xaneiro de 1999, a UEM reunirá todos os países que cumpren un determinado número de criterios económicos destinados a garantir a súa boa xestión financeira e a asegurar a estabilidade futura da moeda única: o euro.

A derradeira etapa lóxica da realización do mercado interno, a introdución da moeda única, polas repercusións persoais que terá para cada cidadán e polas consequencias económicas e sociais de que se revestirá, terá un alcance eminentemente político. Poderá mesmo considerarse que o euro será futuramente o símbolo máis concreto da Unión Europea. Esta moeda forte, capaz de concorrer coas grandes moedas de reserva internacionais, constituirá o signo distintivo da pertenza común a un continente que se está a unir e a afirmar.

Adoitado dun de Pascal Fontaine, Profesor no Institut d'Études Politiques de Paris.

[editar] Tratados

UE 2007
UE 2007

(Fonte: http://europa.eu.int/eur-lex/pt/search/treaties_founding.html)

A actual Unión Europea fundaméntase xuridicamente en 4 Tratados: O Tratado da Unión Europea e os tres Tratados que anteriormente instituíranse ás tres diferentes Comunidades.

  • 1. En París, o 18 de abril de 1951, foi asinado o TRATADO QUE INSTITUI A COMUNIDADE EUROPEA DO CARBÓN E DO ACEIRO (habitualmente designado por Tratado CECA). Este tratado caducou en 2001, dado que fora asinado por un período de 50 anos.
  • 2. En Roma, o 25 de marzo de 1957, foron asinados o TRATADO QUE INSTITUI A COMUNIDADE ECONÓMICA EUROPEA (habitualmente designado por Tratado CEE ou por Tratado de Roma); e
  • 3. O TRATADO QUE INSTITUI A COMUNIDADE EUROPEA DA ENERXÍA ATÓMICA (habitualmente designado por Tratado EURATOM).
  • 4. En Maastricht, o 7 de febreiro de 1992, foi asinado o TRATADO QUE INSTITUI A UNIÓN EUROPEA (habitualmente designado por Tratado da Unión Europea, TUE, ou por Tratado de Maastricht).

O Tratado da Unión Europea (TUE) criou unha nova entidade - a Unión Europea - que se funda nas Comunidades anteriormente existentes e que se mantén. No ámbito da Unión, o TUE contén disposicións relativas á política externa e de seguridade, e á cooperación nos domínios da xustiza e dos asuntos internos. Ademais diso, o TUE introduciu alteracións na redacción dos Tratados CECA, CEEA e, especialmente, do Tratado CEE. A anterior Comunidade Económica Europea (CEE) pasou a designarse Comunidade Europea (CE).

Os Tratados de Amsterdam, de 1997, e de Niza, de 2001, alteraron tanto o texto do Tratado da Unión Europea como o dos Tratado de Roma e Tratado EURATOM .

[editar] Ver tamén

[editar] Links

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
  • EUABC - online dictionary on the EU, includes "Reader-friendly EU Constititution" (in European languages, you may contribute too)
  • EUobserver - observing the EU, news, comments, sources, newsletter by e-mail (english)


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu