Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Basilio o Grande - Wikipedia

Basilio o Grande

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.

Basilio o Grande (Cesarea, Capadocia, Asia Menor, 329 - 1 de xaneiro de 379) foi un bispo capadocio que protagonizou a loita contra a herexía ariana.

Índice

[editar] Infancia e xuventude

Por parte de pai e de nai, descendía de familias cristiás que sofriron persecucións e, entre os seus nove irmáns, figuraron San Gregorio de Nicea, Santa Macrina a Nova e San Pedro de Sebaste. Seu pai, San Basilio o Vello, e sua nai, Santa Emelia, posuían vastos terreos e Basilio pasou a sua infancia na casa da aldea da súa avoa, Santa Macrina, cuxo exemplo e cuxas ensinanzas nunca esqueceu. Comezou os estudos en Constantinopla e completounos en Atenas. Alí tivo como compañeiros de estudo a San Gregorio Nacianceno, que se converteu no seu amigo inseparábel e a Xuliano, que máis tarde sería o emperador apóstata.

San Basilio cabo dalgúns dos seus discípulos
San Basilio cabo dalgúns dos seus discípulos

Basilio e Gregorio Nacianceno, os dous mozos capadocios, asociáronse cos máis selectos talentos contemporáneos e, como di este último nos seus escritos, "só coñecíamos dúas rúas na cidade: a que ía á igrexa e a que nos levaba ás escolas". Tan pronto como Basilio aprendeu todo o que os seus mestres podían ensinarlle, regresou a Cesárea. Alí pasou algúns anos na ensinanza da retórica e, cando se achaba nos comezos dunha brillantísima carreira, sentiuse impulsado a abandonar o mundo, polos consellos da súa irmá maior, Macrina. Esta, logo de colaborar activamente na educación e establecemento das súas irmás e irmáns máis pequenos, retirouse coa súa nai, xa viúva, e outras mulleres, a unha das casas da familia, en Annesi, sobre o río Iris, para levar unha vida comunitaria.

Foi entón, ao parecer, que Basilio recibiu o bautismo e, dende aquel momento, tomou a determinación de servir a Deus dentro da pobreza evanxélica. Comenzou por visitar os principais mosteiros de Exipto, Palestina, Siria e Mesopotamia, co propósito de ver e estudar a vida relixiosa. Ao retorno da sua extensa xira, estableceuse nunha paraxe agreste e moi fermosa na rexión do Ponto, afastada de Annesi polo río Iris, e naquel retiro solitario entregouse ao rezo e o estudio. Cos discípulos, que non tardaron en arrexuntarse a seu arredor, entre os cales figuraba o seu irmán Pedro, formou o primeiro mosteiro que houbo en Asia Menor, organizou a existencia dos relixiosos e enunciou os principios que se conservaron através dos seculos e até o presente governan a vida dos monxes na Igrexa de oriente. San Basilio practicou a vida monástica propiamente dita durante cinco anos soamente, pero na historia do monacato cristián ten tanta importancia como o propio San Bieito.

[editar] Loita contra a herexía ariana

Por aquela época, a herexía ariana estaba no seu apoxeo e os emperadores herexes perseguían os ortodoxos. No ano 363, convenceuse a Basilio para que se ordease diácono e crego en Cesárea; pero inmediatamente, o arcebispo Eusebio tivo envexas da influencia do santo e este, para non crear discordias, volveu a retirarse caladamente ao Ponto para axudar na fundación e dirección de novos mosteiros. Sen embargo Cesárea necesitábao e reclamouno. Dous anos máis tarde, San Gregorio Nacianceno, no nome da ortodoxia, sacou a Basilio do seu retiro para que lle axudase na defensa da fe do clero e das Igrexas. Levouse a cabo unha reconciliación entre Eusebio e Basilio; este quedou en Cesárea como o primeiro auxiliar do arcebispo; na realidade, era el quen governaba a Igrexa, pero empregaba o seu grande tacto para que se lle dera crédito a Eusebio por todo o que el facia. Durante unha época de seca á que seguíu outra de fame, Basilio botou man de todos os bens que herdara da súa nai, vendeunos e distribuiu o produto entre os máis necesitados; mais non se detivo aí a súa caridade, posto que tamén organizou un vasto sistema de axuda, que comprendía as cociñas ambulantes que el mesmo, resgardado cun mandil de manta e cullerón en ristre, conducía polas rúas dos barrios máis afastados para distribuir alimentos aos pobres.

[editar] Bispo de Cesárea

No ano de 370 finou Eusebio e, apesar da oposición que se puxo de manifesto nalguns poderosos círculos, Basilio foi elixido para ocupar a sede arcebispal vacante. O 14 de xuño tomou posesión, para gran ledicia de Santo Atanasio e unha contrariedade igualmente grande para Valente, o emperador ariano. O posto era moi importante e, no caso de Basilio, moi difícil e cheo de perigos, porque o mesmo tempo que bispo de Cesárea, era exarca do Ponto e metropolitano de cincuenta sufraxáneos; moitos deles opuxéranse á súa elección e mantiveron a súa hostilidade, até que Basilio, a forza de paciencia e caridade, fíxose coa súa confianza e o seu apoio.

Antes de cumprirse doce meses do nomeamento de Basilio, o emperador Valente chegou a Cesárea, tras realizar en Bitrina e Galacia unha implacábel campaña de persecucións. Por diante súa enviou ao prefecto Modesto, coa misión de convencer a Basilio para que se sometera ou, polo menos, accedera a tratar algún compromiso. Varios renegaron por medo, pero o santo respondeulle:

Que me ides poder quitar se non teño nen casas nen béns, pois todo o repartin entre os pobres? Vasme atormentar? É tan fraxil a miña saude que non resistirei un día de tormentos sen morrer e non poderás seguir atormentándome. Ídesme desterrar? A calquer sitio a donde me desterres, alá estará Deus, e onde esté Deus, alí é a miña patria, e alí me sentirei ledo.

O gobernador respondeu admirado: “Xamais ninguén me contestou”. E Basilio engadiu: “É que xamais atoparas un bispo”.

O emperador Valente decidiuse no favor de exilalo e dispúñase a firmar o edicto; pero disque en tres ocasións sucesivas a pluma de cana co que o ia facer partiuse no momento de comezar a escribir. O emperador quedou sobrecollido de temor ante aquela extraordinaria manifestación, confesou que, moi o seu pesar, admiraba a firme determinación de Basilio e, a fin de contas, resolveu que, no sucesivo, non volvería a intervir nos asuntos eclesiásticos de Cesárea.

Pero apenas rematada esta desavenencia, o santo quedou envolto nunha nova loita, provocada pola división de Capadocia en duas provincias civis e a consecuente reclamación de Antino, bispo de Tiana, para ocupar a sede metropolitana da Nova Capadocia. A desputa resultou desafortunada para San Basilio, non tanto por terse visto na obriga de ceder na división da sua arquidiócese, como por terse pelexado co seu amigo San Gregorio Nacianceno, a quen Basilio insistía en consagrar como bispo de Sasima, un miserábel caserío que se achaba situado sobre terreos en disputa entre as dúas Capadocias. Mentres o santo defendía así a igrexa de Cesárea dos ataques contra súa fe e a súa xurisdicción, non deixaba de mostrar o seu celo acostumado no cumprimento dos seus deberes pastorais. Até nos días normais predicaba, á mañá e á tarde, a asembleas tan numerosas, que el mesmo as comparaba co mar. Os seus fieis adquiriron o costume de comulgar todos os domingos, mércores, venres e sábados. Entre as prácticas que Basilio observou nas suas viaxes e que máis tarde implantou na súa sede, figuraban as reunións na igrexa antes do amencer, para cantar os salmos. Para beneficio dos enfermos pobres, estableceu un hospital fora dos muros de Cesárea, tan grande e ben acondicionado, que San Gregorio Nacianceno o describe coma unha cidade nova e con grandeza suficiente para ser recoñecida coma unha das maravillas do mundo. A ese centro de beneficencia chegou a coñecérse co nome de Basiliada, e sostivo a súa fama durante moito tempo despois da morte do seu fundador. A pesar das súas enfermidades crónicas, con frecuencia realizaba visitas a lugares apartados da sua residencia episcopal, até nos remotos sectores das montañas e, grazas á constante vixilancia que exercía sobre o seu clero e a sua insistencia en rexeitar a ordenación dos candidatos que non fosen enteiramente dignos, fixo da súa arquidiócese un modelo de orde e a disciplina eclesiásticos.

Non tivo tanto éxito nos esforzos que fixo a favor das igrexas que se atopaban fora da sua provincia. A morte de San Atanasio deixou a Basilio coma único xefe da ortodoxia no oriente, e este loitou con exemplar tenacidade para merecer ese título por medio de constantes esforzos para fortalecer e unificar todos os católicos que, sofocados pola tiranía arriana e descmpostos polos cismas e as disensións entre sí, parecían estar a punto de extinguirse. Pero as propostas do santo foron mal recibidas, e o seus esforzos respondéronse con malos entendementos, malas interpretacións e acusacións de ambición e de herexía. Mesmo os chamados que fixeron el e mais os seus amigos ao Papa San Dámaso e os bispos occidentais para que intervisen nos asuntos do oriente e axudasen nas dificultades, tropezaron cunha case absoluta indiferenza, debido, segundo parece, a que xa corrían en Roma as calumnias respecto á sua boa fe. “Sen dúbida a causa dos meus pecados, escribía San Basilio cun profundo desalento, parece que estou condeado ao fracaso en todo canto emprendo!”

[editar] Os derradeiros tempos

Non obstante, o alivio non había tardar, dende un sector absolutamente inesperado. O 9 de agosto de 378, o emperador Valente recibiu feridas mortais na batalla de Adrianópole e, co ascenso ao trono do seu sobriño Graciano, púxose fin ao ascendente do arrianismo no Oriente. Cando as noticias destes cambios chegaron a ouvidos de San Basilio, este encontrábase no seu leito de morte, pero de todas maneiras proporcionáronlle un grande consolo nos seus derradeiros momentos. Morreu o 1 de xaneiro do ano 379, á idade de corenta e nove anos, esgotado pola austeridade na que viviu, o traballo incansábel e unha penosa enfermidade. Toda Cesárea quedou enloitada e os seus habitantes chorárono coma un pai e protector; os paganos, xudeus e cristiáns uníronse na dó.
San Gregorio Nacianceno, Arcebispo de Constantinopla, no día do enterro dixo: “Basilio santo, nado entre santos. Basilio pobre viviu pobre entre os pobres. Basilio fillo de mártires, sufriu coma un mártir. Basilio predicou sempre cos seus beizos, e cos seus bos exemplos e seguirá predicando sempre cos seus escritos admirábeis”.
Setenta e dous anos despois da súa morte, o Concilio de Calcedonia rindiulle homenaxe con estas palabras: “O grande Basilio, o ministro da graza quen expuso a verdade ao mundo enteiro indudabelmente que foi un dos máis elocuentes oradores entre os mellores que a Igrexa tivo; os seus escritos colocárono no lugar de privilexio entre os seus doutores.

[editar] Escritos

Consérvase unha extensa colección das suas cartas da cales se resume aquí un estracto: Nunha delas cóntanos que el pedía un cumprimento estrito da disciplina, o mesmo entre clérigos que entre laicos, e que certo diácono, que non era malo, pero si rebelde e un pouco atolado e que soía presentarse no medio dun grupo de rapazas que cantaban himnos e bailaban, tropezou con el; con igual determinación combateu a simonía nos postos eclesiásticos e a admisión de persoas indignas entre o clero; loitou contra a rapacidade e a opresión dos funcionarios e chegou a excomungar a todos os implicados na “trata de brancas”, unha actividade moi difundida na Capadocia. Podía reconvenir con temíbel severidade, pero prefería as maneiras suaves e xentis; como un exemplo, están as súas cartas a unha rapaza descarriada e a un clérigo colocado nun posto de grande responsabilidade, que se estaba mezclando na política; muitos ladróns que só agardaban seren entregados aos xuíces para sufrir un castigo terrible, foron amparados polo santo e devoltos as súas casas en completa liberdade, pero cunha imborrábel amoestación sobre as súas conciencias. Pero tampouco quedaba calado Basilio cando eran os acaudalados e poderosos quen quebrantaban os seus deberes. “¡Negádesvos a dar co pretexto de que non tendes o suficiente para as vosas necesidades!”, exclamou nun dos seus sermóns. “Pero en tanto que a vosa lingua excúsavos , a vosa man acúsavos: ¡Cantos debedores poderían ser rescatados da prisión con un deses aneis! ¡Cantas pobres xentes ateridas polo frío se cubrirían con un só dos vosos gardarroupas! ¡E sen embargo, vos deixades ir os pobres das vosas portas, coas mans baleiras!” Non era únicamente aos ricos a quen impuña a obriga de dar. “¿Dis que ti es pobre? Ben; pero sempre haberá outros máis pobres que ti. Se tes o bastante para manterte vivo dez días, aquel home non ten suficiente para vivir un... Non teñades vergoña de dar o pouco que teñades. Non coloquedes nunca os vosos propios intereses antes que a necesidade común. Dade o voso derradeiro chusco de pan ao mendigo que o pide e confiade na misericordia de Deus”.

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu