Bihać
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bihać é unha cidade de 60.707 habitantes, localízase na ribeira do río Una, no noroeste de Bosnia - Hercegovina. A cidade é o coentro do cantón de Una - Sana da Federación de Bosnia e Hercegovina.
[editar] Historia

A primeira mención da cidade data de 1260 nun documento do rei croata-húngaro Bela IV, en 1262 Bihać´converteuse nunha cidade libre ata que no século XIV perdeu o seu status nunha época de loitas dinásticas para se converter en propiedade da familia croata nobre dos Frankopan. No século XVI pasou ao dominio da familia real. En 1592 a cidade caeu en poder otomano, converténdose no punto máis o norte do Imperio Otomano, o que provocou que a cidade se vira inmersa en numerosos conflitos cos austríacos.
Cando se formou Iugoslavia, Bihać entrou a formar parte dela. Durante a Segunda Guerra Mundial a cidade foi o cuartel xeneral do exército de liberación de Josip Broz Tito e o centro da resistencia antifascista ata que en 1943 os alemáns conseguiron contralar a cidade.
Durante as guerras iugoslavas a sufriu a destrución de moitos edificios e os serbios sitiaron a cidade durante tres anos ata que no verán de 1995 conseguiron romper a resistencia da cidade coa Operación Oluja.