Billarda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A billarda, a estornela ou o palán son as denominacións dun dos xogos máis coñecidos e populares dos que se facían (e ainda se fan) para xogar en toda Galicia. As regras deste xogo son zonais, polo que é dificil atopar varias zonas que xoguen coas mesmas regras. Consiste esencialmente en darlle cun pau, palán, a outro máis pequeno, billarda, para que salte e se tire ó máis lonxe posibel.
Índice |
[editar] Ferramentas
O pau máis grande adoita ser duns 50 centímetros de longo e duns 3 de ancho aproximadamente, dunha madeira boa e resistente no que se precisa dun dos extremos afiado (na imaxe, en cor laranxa). De seguido, agúzanselle os dous extremos a outro pao duns 15 ou 20 centímetros de longo (na imaxe, en cor marrón), que se chama billarda, estornela,... de aí lle ven o nome ó xogo.
[editar] Regras
Poden xogar dous ou máis xogadores que se repartirán en equipos. Para comezar a xogar sortéase cal dos xogadores ou equipos sae primeiro. Dende unha circunferencia feita no chan (reinado ou meta, ou cadrado na Limia), golpearán a billarda co palán nunha das puntas para levantala e, cando estea no aire, daranlle outro golpe para lanzala o máis lonxe posíbel do lugar en que se atopen. O que fique coa billarda máis lonxe comezara o xogo do mesmo xeito. Isto repetirase tres veces, dependendo se se xoga a un intento ou a tres, e ó remate das tiradas, terá que calcular a distancia, en paláns ou paus, que hai dende o punto de inicio ata onde está a billarda caída. Se acerta nas medidas (nalgunhas versións, sen exceder) segue xogando e, se non, eses puntos pasarán ó outro equipo, quen comezará unha nova tirada. Ó final gaña o equipo que máis paláns, paus ou puntos teña. Como se dixo anteriormente, neste xogo entraban máis variantes dependendo da zona.
[editar] Outros xogos populares
- Abelliñas do mel
- Sortes
- Bolas
- Birlos
- Baraxa
- Choques
- Guá
- Chapas
- Tabas
- Buxaina
- Billarda ou estornela
- Porca
- Mariola
- ovo, pico, araña
- Pita cega
- Altura
- Zoadeiras
- Leito
[editar] Referencias bibliográficas
- BARRIO, María & HARGUINDEY, Enrique (1983) Lerias e enredos para os máis pequenos. Vigo: Editorial Galaxia.
- BOUZA BREY, Fermín (1963) Xogos iniciáticos infantiles da Galiza, Separata da Revista de Etnografía, tomo I. Porto: Museo de Etnografia e Historia.
- BRANDÍN FEIJOO, Camilo (1986) Os xogos dos nosos rapaces. Ourense: Obra Cultural Caixa Ourense.
- ESTÉVEZ LAVANDERIA, Ana (2000) Os xogos. Santiago de Compostela: Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego.
- LORENZO, Xoaquín (1992) Enredos. Santiago de Compostela: Alicerces, Museo do Pobo Galego.
- ROMANÍ, Arturo (1983) Xogos infantiles de Galicia. Santiago de Compostela: Follas Novas Edicións.
(v. tamén obras de Vicente Risco e Xesús Taboada Chivite).
[editar] Ligazóns externas
- Escola de Billarda ¨O Varal¨ co concello de Barreiros
- xogospopulares.com O portal da tradición lúdica