BitTorrent
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Capa de Aplicación | HTTP, SMTP, FTP, SSH, SNMP, IRC,NNTP, POP3, IMAP, Telnet, BitTorrent ... |
Capa de Transporte | TCP, UDP, SCTP, RTP, DCCP ... |
Capa de Rede | Protocolo IPv4, Protocolo IPv6, ARP, ICMP ... |
Capa de Ligazón | Ethernet, 802.11 WiFi, Token ring, FDDI, PPP, ... |
Capa Física | RS-232, EIA-422, RS-449, EIA-485... |
editar |
BitTorrent é unha ferramenta de distribución de arquivos entre pares (peer to peer ou P2P) creada polo programador estadounidense Bram Cohen e que se deu a coñecer na Codecon 2002. Está escrita en Python e está publicada baixo a licencia MIT.
[editar] Breve transfondo
BitTorrent gañou a sua fama ao permitir que moita xente descargue os mesmos arquivos sen ralentizar uns aos outros a transferencia. Para lograr isto forza a todos os descargadores a compartir as partes que teñen dos arquivos con outros descargadores, de modo que cada membro dun enxame contribue á distribución do contido.