IMAP
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
IMAP é un acrónimo inglés de Internet Message Access Protocol, Protocolo de rede de acceso a mensaxes electrónicos almacenados nun servidor. Mediante IMAP pódese ter acceso ao correo electrónico dende calqueira equipo que teña unha conexión a Internet. Unha vez configurada a conta IMAP, pode especificar os cartafoles que desexa mostrar e os que desexa ocultar, esta característica faino distinto do protocolo POP.