Bolígrafo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un bolígrafo é un instrumento para a escritura similar a un lapis en canto a tamaño e forma.
Consta dunha cámara interna, chea de tinta viscosa, que se distribúe pola punta a través dunha pequena esfera de metal (0,7 mm a 1 mm de diámetro); a tinta sécase de modo inmediato tralo contacto co papel. Pola súa característica de ser barato e confiable ocupou o lugar da pluma estilográfica, tamén denominada pluma fonte.
Índice |
[editar] Historia
Foi inventado en 1938 polo inventor e xornalista húngaro (nacionalizado arxentino) Laszlo Biro (1899 - 1985), con axuda do seu irmán Georg. En Arxentina, o 29 de setembro, día do seu nacemento, conmemórase o Día do Inventor.
En 1940 ambos emigraron á Arxentina e o 10 de xuño formaron a compañía Biro Meyne Biro. En 1943 Biro licenciou o seu invento a Eversharp Faber, dos Estados Unidos, na entón extraordinaria suma de USD 2.000.000, e en 1951 a Marcel Bich, de Francia. Este último desenvolveu, baixo a marca BIC, un bolígrafo de baixo costo que contribuíu enormemente á popularización do invento.
En 1945 a Forza Aérea dos Estados Unidos fixo un pedido de 20.000 unidades. Biro non patentara o seu invento en Estados Unidos, o que provocou forte competencia. No mesmo ano Milton Reynolds desenvolveu o seu propio modelo, e Franz Seech inventou a tinta que seca en contacto co aire, coñecida comercialmente como paper mate.
A sociedade formada por Biro e os seus socios crebou, aqueixada por falta de financiamento e por novos inventos que non tiveron éxito comercial. Un antigo proveedor, Francisco Barcelloni, independientemente dos desenvolvementos de Bich, intentou entusiasmar a Biro para fabricar un bolígrafo de baixo costo. Non logrou convencelo e instalouse pola súa conta; mellorou o fluxo de tinta e ensaiou unha bolilla de tripla dureza. Posteriormente, Barcelloni contratou a Biro para a dirección da nova fábrica.
[editar] Outras denominacións
En moitos países europeos, Australia e Nova Zelanda, os bolígrafos son coñecidos como biros; en Arxentina, como lapicera ou birome. Este último é o nome orixinal do invento, composto dos apelidos de Biro e o seu socio e amigo Meyne, quen o axudou a escapar da persecución nazi.
[editar] Descrición
Hai dous tipos básicos de bolígrafo: o desechable e o recargable. Os bolígrafos desechables están feitos de plástico e non se volven a utilizar unha vez que a tinta se esgota; os recargables son de metal ou plástico e son de maior calidade e prezo.
[editar] Ligazóns externas
- Un sitio con datos sobre L. Biro