Bolina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Navegar á bolina, en bolina ou embolinar é unha técnica de navegación a vela empregada para ziguezaguear contra o vento, o que permite navegar por zonas onde o vento non é favorábel. A proa enfila entre 60° e 37° contra o vento, que sopra contra as amuras, se ben isto depende do tipo de embarcación e da vela.
O termo bolina deriva do inglés bowline (o nó as de guía), que se usa nas embarcacións de relinga para amarrar a vela na proa durante esta andadura.
[editar] Principio físico
O principio físico sobre o que se basea a navegación a bolina é o efecto Venturi, descoberto e estudado por Giovanni Battista Venturi. Segundo este principio, se a velocidade dun fluído aumenta, a súa presión diminúe proporcionalmente.
O perfil dunha vela exposta ao vento divide o fluxo do ar en dous segmentos. Por causa da curvatura da vela, un dos dous (o de barlovento) é máis lento, debido o que debe percorrer un traxecto menor, encanto que o que escorre pola superficie externa da vela (sotavento), acelera e faise máis rápido, dependendo tamén da posición da vela.
As distintas velocidades implican tamén, segundo o principio exposto, que sobre as dúas caras da vela exércense presións distintas. A presión interna (barlovento) é superior á externa (sotavento), polo que se exerce un empuxe da vela contra a dirección do vento e, en consecuencia, a embarcación avanza.
Este principio aplicado á vela desenvolve unha forza que permite que a embarcación poida avanzar en bolina ("contra o vento") grazas á forza igual, mais contraria, da orza inmersa no líquido no que navega. Este mesmo principio tamén se aplica no voo aéreo.
[editar] Navegar contra o vento ou «á bolina»

Para navegar contra o vento, a vela é colocada de modo a que o seu plano divida aproximadamente en partes iguais o ángulo formado pola dirección do barco e a dirección do vento. O vento empurra a vela sempre segundo un ángulo perpendicular ao plano que ela define. A forza do vento pode ser decomposta en dúas componentes: unha forza que obriga o ar a deslocarse ao longo da vela (a verde no gráfico) e outra que é a que exerce presión sobre a vela (a azul claro). A resistencia da auga impede que un barco se mova lateralmente. Un barco ten de avanzar na dirección da súa proa. A forza que exerce presión sobre a vela (a azul claro) pode ser decomposta em dúas componentes: unha forza que tenta deslocar o barco lateralmente mais apenas o consegue inclinar (a negra) e outra que é a que efectivamente fai o barco avanzar (a azul escuro).
Por iso, a maior parte da forza do vento (a verde) fai simplemente que o ar corra pola vela saindo pela retagarda, e outra parte (a negra) inclina o barco e, finalmente unha pequena parte (a azul escuro) fai que o barco navegue á bolina. O abatimento do barco é maior que cando se navega co vento de través ou en empopada.
Se o obxectivo é situarse nun ponto a barlovento (de onde sopra o vento) hai de bolinar até chegar ao obxectivo. Pódense tardar catro horas para vencer unhas 5 millas cando, se se navegar a favor do vento, só se tardaría unha hora ou menos.